[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

10/7/10

Raioman

Peter Terren ademáis de inventor e apaixoado da física, ten o alcume de «Raioman», pois e capaz de manexar tensións de 12.000 voltios para criar espectáculos electrizantes a par que perigosos, producidos por un xenerador de alta tensión, unha bobina que toma o nome dun dos inventores máis importantes da historia, Nikola Testa (conmemorase hoxe  precisamente 154 anos do nado do enxeñeiro Austrohúngaro).
[D]
 Perer Terren
Rex Features - Perer Terren

Terren ponse a salvo grazas aos principios sinxelos da física, para montar a súa perfomance  resgardase nunha cámara de Faraday, unha gaiola feita con metal, material conductor que impide que os raios penetren máis alá das rexas.

26/6/10

Natureza escondida

Procurando sitios para as vacacións, que teñan ademáis do compoñente lúdico (hai duas criaturicas que o esixen, segundo a miña compañeira tres, será que se conta ela mesma,) un ambiente ou decoración excepcional, a poder ser disposto pola propia natureza, é a miña premisa.

Como doutras veces, acostumo a repasar as revistas acumuladas perante máis dun ano, dada a premura de facer sitio e reciclalas condenadas, ademáis de suxerirme algunha idea ou inspiración, e atopeime coa «GEO» do mes de novembro 2008, que en portada trae a reportaxe dunha viaxe "ao centro da terra"; ben ao centro centro, non, pero queda ben.
Documentan cunha serie de estupendas fotos (non podía ser menos, tratandóse de «GEO»), unha expedición de científicos italianos as covas do val de Naica (México), onde se atopa unha gran xeoda xigante.

[D]
Cova dos Cristais (Naica, México)
Foto: Óscar Necoechea © Proyecto Naica — Cova dos Cristais (Val de Naica, México)

E o val alberga un gran tesouro a 300 m. nas súa entrañas, a cova dos Cristais, Naica (México), está poblada de abraiantes cristais de selenita (ou tamén chamada «pedra da lúa») que nos amosan a gran beleza que a natureza e capaz de esconder no seu interior.

O «ambiente xeado» contrasta ca verdadeira temperatura que se respira no seu interior, con temperaruras de 50° C (122° F) e 100% de humidade, algo verdaderamente alieníxico, non humano e mortal.
Precisan pois de equipos de aillamento térmico: chalecos e traxes a base de xeo, e respiradores de aire frío para sobrevivir en condicións tan adversas, con movementos pausados e programadas as estadías no interior como máximo dunha hora.
A supervivencia sen equipos está limitada a uns poucos minutos, dada a imposibilidade de transpiración e termorregulación; a temperatura interior do corpo humano superaría doadamente os 41° C (105'8° F) e as células escomezarían a morrer, namentras nos pulmóns estaría a entrar aire húmedo a 50° C (122° F, o corazón e o cerebro se colapsarían, escomezando unha lenta coción ao vapor.

A cova dos cristais é unha gruta extraordinaria, do máis fermoso e misterioso que se coñece na Terra, e non hai ningunha dúbida que Superman sentiría esta capela sixtina da cristalografía como o seu fogar. Dende logo non é apta para o turismo e a labor encomendada ao proxecto Naica, e a divulgación e conocemento para as vindeiras xeneracións.

Ben, e algo non tan lonxe? máis preto, pensei eu... pero si temos a Xeoda de Pulpí na provincia de Almería, na serra de Aguilón, localizada exactamente en Pilar de Jaravía, ben, a fermosura dende logo no se atopa sobre a superficie, neste caso está no interior dunha mina de ferro e chumbo, a uns 50 m; as condicións climáticas son mellores que a xeoda mexicana, pero as visitas turistícas están desaconselladas por un estudio [.pdf — 3'7 Mb] do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, danaríana a estructura e o ambiente, poñendo en perigo a súa supervivencia.
Fai uns anos a Consellería de Medio Ambente da Xunta de Andalucía, suscribira un convenio co concello para...

dar a coñecer a xeoda e seu contexto... ainda que a xeoda orixinal non se podrá ollar... a réplica que se vai expoñer é perfecta

Ainda non se sabe nada, mellor non crear falsas expectativas.

[D]

Xeoda de Pulpí — Pilar de Jaravía (Almería)
Xeoda de Pulpí — Pilar de Jaravía (Almería)


PS: Sigo na procura dun sitio para as vacacións, admítense suxerencias.

14/1/09

Estudos científicos

Segundo divulga a revista "Journal of the Royal Society of Medicine" Esbirrar pode ser signo de excitación sexual debido a unha falla no sistema nervoso.
Un dedo anular largo predice o éxito financieiro, segundo unha equipa da Universidade de Cambridge (Reino Unido); é o indicio da exposición a altos niveis de testosterona no útero materno, o efecto hormonal semella anos de experiencia.

así podíamos incluir unha ducia de estudos, cada cal máis friki..."Efectos secundarios ao tragar sables" de Brian Witcombe e Dan Meye (gañadores dos anti-nobel 2007 en medicina); Geoffrey Millar, Joshua Tyber e Brent Jordan, acreedores dos anti-nobel 2008 en economía, e o seu estudo "As ganacias dunha bailarina de strep-tease depende do seu ciclo menstrual"; O estudo de James F. Nolan e a súa equipa, que desenvolveron e gañaron en 1993 no apartado de medicina, por "Tratamento agudo de penes atrapados en cremalleiras"; Os efectos da Viagra no "Jet-lag", ou tamén, o do éxercito norteamericano da área de Dayton (Ohio), acreedor dos anti-nobel da paz, e no que estudiaron seriamente a posibilidade dunha bomba gai   no que volveran irresistibles entre si aos soldados inimigos.

Para este tipo de estudos irrepetibles foron creados os IG NOBEL polo científico da Universidade de Harvard, Marc Abrahams en 1991; é unha parodia dos Nobel, onde se valora aos premiados pola virtude de ser irrepetibles ditos estudos.
Algúns dos premiados conseguiron comercializar os seus estudos, como o de Buck Weimer, anti-nobel de Bioloxía en 2001, e os seus gallumbos especiais anti-mal cheiro.

Preguntome dado a carestía de financemento nestos tempos de crise, se paga a pena ditos estudos, ainda que sexan "divertidos".

Podedes ollar o listaxe destes gañadores na páxina web de improbable.com.