[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas

22/10/10

Fillos do Océano

Javier Teniente é un fotográfo vigués, que se presupón que como galego xa coñece o esforzo ostinado da xente do mar; as súas virtudes e tamén dos seus defectos, non só en Galicia en particular, senón precisamente a partires dunha reportaxe sobre os mariñeiros galegos (2001), principiou o derradeiro proxecto que ten entre súas mans e que por nome ten o titulo desta entrada.

A dramáticas esceas da pesca dos túnidos en Barbate, a espectacular varredoura (xávega) en Portugal, a procura do bacallau nas illas Lafoten (Noruega), a caza de baleas en Indonesia, de crustáceos nas profundidades marinas da costa dos Mosquitos (Nicaragua)...  Amosa no seu traballo pesca artesanal e de subsistencia en perigo de desaparecer polo imparable proceso industrial, unha homenxe a esa xente que aman e veneran o mar, e obteñen o preciso para vivir.

Tamén é unha chamada de atención para consevación do ecosistema, do saber -grazas a tradición oral-, e un respecto non só a un mesmo, ao propio medio preservando un desenvolvemento sostíbel, con colleitas anuais, para non esgotar os seus recursos naturais.
Centro Social Caixanova en Compostela
Centro Social de Caixanova en Compostela, praza de Cervantes.
Foto: © Obra Social Caixanova
 
Podedes ollar dita exposición en Compostela —de balde— ata o 24 de Outubro 2010, no Centro Social de Caixanova, Pz. de Cervantes n° 17.
Horario (CEST):
de luns a venres, de 18—21:30 h, sábados, domingos e festivos, de 11—14 h. e de 18—21:30 h.

En Vigo, de 1—5 € (ver Tarifas), no Museo do Mar de Galicia, Av. da Atlántida n° 160, entre o 5 de novembro 2010 ao 9 de xaneiro 2011.
Horario (CET):
de martes a venres, de 10—14 h, sábados, domingos e festivos, de 11—19 h.