Nunha semana temos a un
membro de
Mondoxíbaro que vai a visitar terras do Oriente, unha viaxe por Turquía (parte do antiguo reino Persa), e na procura de información sobre dita cultura, atopamos esta magnifíca película de
Nacer Khemir; unha coproducción de Francia, Hungría, Irán, Reino Unido, Suiza e Túnez do ano 2005 (ainda que a súa estrena en España -en Madrid- foi en marzo do 2008), e que conta a historia dunha nena chamada
Ishtar e o seu avó,
Bab'Aziz o sabio sufí -nome que da titulo a película- que, na soedade do deserto, procuran a gran reunión dos
derviches que se reúnen cada trinta anos nun sitio descoñecido ao que se chega con fe e escoitando o silencio do deserto. O avó entreten a súa neta contándolle contos, como o do príncipe que se perde no deserto e se convirte en
derviche tras contemplar na augua a súa alma.

Contaba o director-escultor e poeta, que rodou esta historia como unha metáfora visual, onde as palabras non son transcendentais, unha viaxe interior ao sentido, a túa alma, unha dualidade entre espiritualidade e misticismo, procurando afondar no islam tolerante e fiminino.
A modo de curiosidade, a rodaxe foi en pleno mes de agosto ainda que a dificultade non foi o intenso calor, senón a picadura dos alacráns -de feito morreu un cabalo- e a loalización preto da fronteira Afgana con Irán, cando os
EE.UU procedían aos bombardeos, polo que entre o turbante e o material, podían confurdirse cos talibans.
Como en moitos sitios non foi posible a súa estrea, velaquí tedes a ligazón para ver a película gratuitamente, en versión doblada ao castelán, xentileza de
webislam.com