[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta eugene-smith. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eugene-smith. Mostrar todas las entradas

27/11/08

Como a vida mesma

A revista LIFE tivo entre os seus perfeccionistas reporteiros fotográficos a William Eugene Smith, uns dos percusores da chamada fotografía humanista (o máis coñecido quizais sexa Sebastião Salgado).
Apaixoado ata o infinito na procura da verdade, idealista e sensible como non podía ser menos, supo retratar nunhos 50 reportaxes o lema que da titulo á exposición que expón a Fundación Caixa Galicia na edición de photogalicia2008 (© photoespaña) "Máis real que a realidade" na Coruña.
Gostaríanos amosarte unha diapo con as mellores fotos, pero a fundación que leva o nome do fotográfo norteamericano, parece inaoperativa, non contestou a nosa petición de reproducir unha ducia de fotografías.

Garda Civil - España, ano 1950. © The Heirs of W. Eugene Smith



Podes ollar a exposición de W. Eugene Smith "Máis real que a realidade" na sede da fundación Caixa Galicia, Cantón Grande da Coruña ata o 1 de febreiro do 2009.
Empeza polo último andar e vas baixando para ter una mellor percepción temporal do seu traballo, e por favor, che prego que vaias, se podes con todo o tempo deste mundo, é moi recomendable.
Por certo e en referencia a foto amosada, a luz do Sol nos ollos parece que foi unha toma intencionada e podes sabelo motivo si vas a exposición, xa tes excusa.