Amnistía Internacional pedíulle 17 medidas concretas para devolver Estados Unidos á senda dos estándares internacionais de dereitos humanos.
Abofé que o novo goberno tomou medidas importantes, entre elas algunhas para reparar as nocivas políticas de detención e interrogatorio establecidas perante o goberno anterior, Pechar Guantánamo, poñer fin a detención ilegal e erradicar a tortura e outros malos tratos.
Con todo, outros cambios foron máis simbólicos que substanciais, e as poucas accións emprendidas polo novo goberno para facer render contas das violacións de dereitos humanos cometidas cimentaron a impunidade nutrida no pasado, polo menos para algúns dos responsables.
Queremos creer nun tempo novo e temos fe en que siga coa promesa formulada na súa toma de posesión: rexeitar como falsa a elección entre seguridade e ideais. A transparencia, a rendición de contas e o respecto polos dereitos humanos internacionais deben ser as características esenciais do seu mandato.