[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

2/6/09

Coche eléctrico da lúa

101 anos, máis de 450 millóns de producción de coches, tecnoloxía de vangarda na creación da primeira bomba mecánica para o corazón e o primeiro e único polo momento veículo lunar (Delco Electronics pertenecente a GM fabricou xunto a Boeing o chamado Molabs —LRV—) que pisou a lúa, eléctrico, para que chegue Rick Wagoner e afunde a compañia.

Noraboa Sr. Wagoner, coas súas prácticas e vergoñentos bonus, vostede é o listo da película e 10 millóns para o seu retiro.
A culpa son dos que merca GM ainda a pesares de todo; como me lembra todo esto, a un banco de orixe vasco e que se levou un "pequeno" bono por irse

23/4/09

Axenda completa

Hoxe, polo 23 de abril (2009), celebrase o día de Aragón, de Castela e León, Sant Jordi (en Catalunya), día do libro (polo pasamento no mesmo día de Shakespeare e Cervantes), e o 20 aniversario da primeira páxina web e o nacemento de Internet como o coñecemos hoxe en día.

 Primeira páxina web
primeira páxina web, preme sobre ela para ampliar

A finales de 1990, no CERN ( Suiza ) Tim Berners-Lee coñecía a importancia de poder transmitir documentos de hipertexto de forma sinxela e tiña preparados todolos compoñentes precisos para facer a primeira páxina web da historia.

Un ordenador NeXTcube conectado a Internet baixo o enderezo de nxoc01.cern.ch, o primeiro servidor web do mundo e o primeiro navegador e editor de hipertexto.