[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta política. Mostrar todas las entradas

30/3/12

Pola Folga Xeral, Salvaxe!

Quenes critican a Folga, nótase moito que non leeron a Reforma Laboral.

Practiquemos xuntos un exercicio de didáctica e ausencia de proxeletismo por favor.

A Reforma vai provocar máis paro, está pensada para facilitar o despedimento doado e barato, esto provocará sen lugar a dúbida, máis paro, unha devaluación de salarios (ao non poder facer unha devaluación monetaria por estar no Euro) o único que pode facer o estado é eso, e quenes perden son os traballadores en xeral, eses mesmos que consumen nos bares e pequenos comercios.
A quen beneficia está reforma?
Pois as grandes empresas, que xa empezaron a aplicala, aí están os casos de PIRELLI, FICHET, BANCA CÍVICA. NOVA GALICIA BANCO, BBVA, BANCO GALLEGO... etc. (non ao pequeno comercio nin as pequenas ou medianas, o pequeno comercio está claro que si ten un traballador/a que traballa non o vai despedir, porque lle custará atopar ao mellor un bó, pero non terá máis remedio, senón vende, e a reforma laboral ao non provocar emprego, senón todo o contrario, recesión, e con salarios ainda máis baixos que a media mileurista de ata momento, eses traballadores non CONSUMIRAN, pois se antes díficilmente se chegaba a fin de mes, agora será ainda pior.)
E eses comercios, autónomos, pequenas empresas, tan SOLIDARIOS consigo mesmos, non son conscientes de o que se ven encima, senón son informados, senón leen a reforma.

E fixandose só nesa contrarreforma, se fosen solidarios, se a houbesen lido, se tiveran empatía polo que lles están a contar, sen deixarse levar por ideas preconcebidas -sobre eses sindicatos-, esa reforma é INXUSTA, e xa tería que ser dabondo para mobilizarse xunto cos "seus clientes" -que van ter menos poder adquisito- ou con calqueira. Eses que reclaman equidade, xustiza, son capaces de negarlle o beneficio da dúbida, asi está a cousa... Pois non só é...
Botar a un traballador a rúa sen indemnización, ou só 20 días, e ter que demostrar que o despido é improcedente (é dicir demostrar que eres inocente, porque senón eres culpable e te vas con 20 días), cuestión posiblemente anticonstitucional...
Que si caes enfermo, ainda que torzas un tobillo ou teñas unha emfermedade, o empresario che pode botar a rúa se tes a desgraza de estar máis de 8 días nun período de 2 meses (ou 21 en 4 meses)
Que a empresa non respecte o pactado no convenio, e non se ten perdas, simplemente que non gañe suficientes beneficios e só co control da propia empresa.
Lembren que non fai moito, Telefónica quería botar nun ERE a 6.500 persoas ainda a pesares de ter beneficios, pois ben, agora non precisa de ter autorización dito ERE (pola administración) e pode ser executado para beneficio da empresa e os seus accionistas.
Que teñan que facerse horas extras non pagadas ou desprazamentos por riba dos 25 Km. non pagadas, nin ao traballador nin ao estado (defraudando a Seguridade Social, por conseguinte a todos nós)
Tratase de ser xustos non si? A quén lle gostaría que para ser culpable, teñas que amosar primeiro que eres inocente, demostralo ti e non quen te acusa; e da impresión segundo a maioría dos comentarios, que os culpables son os sindicatos por facerte ver a inxustiza da contrarreforma, senón ademáis o perxuízo que crea tamén a eses comercios, insolidarios non só cos seus clientes senón consigo mesmo, pois hai comercios que si verón o que se lles vai encima (REI ZENTOLO, KYOTO SCQ, ADÁN...)



E coincido que poida haber actitudes nos piquetes que non terían que terse producido, eu penso que tratando de explicarllo de xeito pacífico e pausado, se consigue máis, que de xeito amendrentador, eu estiven nese piquete masivo que rondou o ensanche, na maioría dos comercios se lles explicou o significado da reforma, hai xente que o entendeu, outra que non, e outra que non estando dacordo, para evitar alporizar ao piquete, pechou e voltou a abrir.

Agora eu teño claro que a óptica Pérez Vila, La Muralla, La Codorniz, Galeón Toural, EL Siete, Latino Bar, Clea, De Noche, Garrote, Tejidos Katy, Farggi, Zamuz, The Phone House, Inditex, Gadis, Rois Llongueras, Banco Santander, Banesto, Nova Galicia Banco, CAM..., ademáis do colectivo dos Taxis -insolidarios por natureza-, non lles penso dar a gañar nin un can do meu bolsillo.

Non interesa denunciar os piquetes empresariais que tamén existen. Ninguén lle preguntou aos traballadores de GADIS por exemplo, porque abriron máis tarde? Aos de Inditex? Non son uns esquiroles, os comprendo, a eles e a moitos coma eles, pois non só é o medo, son os mini-soldos mileuristas que perciben, que 100 Euros son moito para renunciar a eles, o empresario se coidou mui moito de advertir que a renovación dos contratos dependía de "ese libre exercicio de ir a folga", título 7 da nosa constitución, Alguén o denunciou?, algún xornalista tivo agallas de procurar porque foi así (quizais o redactor temeroso de perder un anunciante non lle o permitiu).

A reforma ven imposta ou copiada de Alemaña, onde a súa estrutura produtiva a domina a industria exportadora -que é dun 70%- e para consumo interno dun 30%.
Aquí en España é ao revés, 70% de consumo interno que producen para o noso PIB as pequenas e medianas empresas, os pequenos comercios e autónomos, e un 30% de industria exportadora.
Si se retrae o consumo interno, por ter menos poder adquisitivo, como ocorre en Alemaña agora mesmo, porque nós vamos ser diferentes que eles? Doado, eles a pesares do pobre comsumo interno, aumenta o PIB grazas a vendernos a nós, a eses grandes empresarios nosos... como coches AUDI, WOLSVAGEN, electrodomésticos BOSH, MÍELE, reloxios JUNGHANS... eses que estou seguro lles van a consumir a LA MURALLA, LA CODORNIZ, total ainda que perdan aos empregados do BBVA, SANTANDER, NOVAGALICIA BAnco... por os ERE's grazas a reforma laboral, pero que carallo!, o compensarán! palabrita del gobierno!

Vémonos na cola do paro, de seguir adiante con esta contrarreforma!

18/6/11

Reflicte a túa indignación sen violencia este domingo #19J

Ainda a pesares da desmesura utilizada por algunhos medios para tratar de desprestixiar ao movemento do #15M, chaman indignos a todo un colectivo polos actos dunha minoría, a pesares da resistencia pacífica perante un mes nas distintas prazas e o traballo tenaz de moitos dos acampados, por tratar de mudar pacíficamente este sistema que non é perfecto...


...porque ainda a pesares por facerse escoitar (e non se trata de diferenzas xeracionais), non o fan os que dicen representar a un pobo (de indignados), polos delitos dunhos cantos da súa clase e só se escandalizan por esto, por chamalos chourizos...

... Non é violencia cobrar 400 Euros ao mes?, Os recortes sociais ao que nos levan co pacto do Euro?, A privatización da sanidade e da educación pública?, O aumento da xubilación?, A connivencia coas grandes fortunas e os bancos?, A listaxe pechada dos imputados?, As pensións vitalicias para os parlamentarios e senadores, Os seus privilexios?, A corrupción?, A infiltración de policías (tamén aquí) nas concetracións para provocar accións violentas?...

...que a foto da violencia sexa a foto do helicóptero , dunha minoría, e non se vexa en primeira páxina a violencia desorbitada da policía contra os cidadáns non violentos, por non entrar no fondo da cuestión e o motivo polo que ditos parlamentarios ían ao pleno, para recortar aos que sofren a crise con toda a súa crudeza, namentras os principais causantes están impunes.

Ferve a miña indignación porque o Conselleiro de Seguridade da Generalitat de Catalunya, Felip Puig, que calificou de «éxito policial» a carga dos Mossos d’Esquadra contra os acampados da Praza de Catalunya, presuma da violencia nos indignados, ainda a pesares de recoñecer sen vergoña a infiltración dos Mossos d'Escuadra para provocar altercados e que ningún dos medios que dicen ser demócratas pida a súa dimisión.

...É demócrata levar listaxe pechadas de imputados nelas?, É demócrata infiltrar policías para xenerar tensión e provocar violencia nas manifestacións?, É demócrata incumprir as leis, obstaculizando a renovación do tribunal constitucional? Son demócratas éstes partidos, ou ben, debemos chamalos antisistema?

...Acaso sexa un «anti-sistema» pedir un sistema mellor, que os bancos, aos que se lles prestaron cartos dos nosos impostos, se lles permita especular con eses cartos, e non lle esixan responsabilidades por elo?


Como cidadán apoio o movemento do #15m

...acaso que hai de malo en pedir unha lei electoral máis xusta, que sexa reflexo directo da vontade popular; pido unha maior participación cidadán nos temas importantes que nós atinxen, (hai medios técnicos para facelo e o que non hai vontade política para levalo a cabo).

...acaso que hai de malo en que os administrados teñan unha información pública e transparente sobre os gastos da nosa administración, os poderes públicos, ademáis de esixir responsabilidades aos políticos cando non cumpran con esa transparencia.

...acaso que hai de malo na aplicación real da tolerancia cero contra a corrupción política, de fornecer de controis aos administrados para que non queden só nunha decraración de intecións.

...acaso que hai de malo en pedir unha separación clara, real e efectiva dos poderes del estado.

...acaso é malo pedir un maior control fiscal efectivo das grandes fortunas e operacións financieiras.

...acaso é moi malo pedir a igualdade, a eliminación dos privilexios dos políticos.

...acaso é pedir demasiado, servizos públicos na sanidade, xustiza, educación e de calidade, resolución efectiva aos hipotecados de por vida cos bancos, a neutralidade na rede e sen ese control «administrativo» que pretende cercenar un dereito fundamental, a expresión.

Si o pensas e estás dacordo, exprésate pacificamente este domingo, berra con forza a túa indignación na rúa. En Galicia che esperamos en A Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo (polo memento). Procura a túa cidade máis cercana e reflicte a túa indignación con clase, ainda que os políticos non nós queiran escoitar.

21/7/09

Todo pola pasta

O xarabe de Ipeca é un vómitivo a base da raíz seca dunha planta, chamada ipecacuana, que se cultiva no Brasil. A actualidade nestos tempos de zozobra e quietude, fáinos sentir a unha parte de poboación, como si bebesemos dito liquido elemento, e botasemos con vigorosa enerxía, todo o malestar interior que nos descompon. Preciso en dicir que a outra parte da poboación, éste emético non lle produce ningunha reacción nin tampouco lle causa efectos secundarios. Predominan nesa masa os que teñen o oficio, por suposto desinteresado, de político. Aos que vos afectan as imaxes de xente vomitando ao inxerir dito elemento, quizais teñades un estomago infeliz e pouco afeito a grandes comilonas, ou quizáis sexan tan desagradables, que nos decatemos, que políticamente, percibir ofrendas, recalificar terreos en beneficio particular ou, sinxelamente encher o meu peto e dos que grazas a "eles" estou neste cargo, sexa realmente o oficio máis vergonzante e vello deste mundo, e só vexamos nese oficio etimolóxicamente falando, a xente pola pasta, sinxelamente; e non falamos precisamente da película de Thomas Dekker, nin traballa Ron Jeremy ou Megan Fox.

31/5/09

Ligazóns do mes (maio 2009)

Este mes os ligazóns que vos traemos son perecedeiros, son noticias ocorridas perante os derradeiros días, que como a sociedade de consumo que nos toca vivir, todo é efímero; velaquí algunhas novas que nos chamaron a atención...


Xoves pro vida expulsados dun mitín do Partido Popular
Cría corvos...e che comeran os teus ollos!

O papa Benedicto XVI non se explica porque foi escollido (nós tampouco, que conste)

Nado un novo xornal dixital
(«eldiario.es»), dirixido por Nacho Escolar (antiguo director de Público)

Un pirata informático proyecta una peli porno nun poste de aluguer de bicicletas.

O vindeiro mes, máis e mellor...

27/5/09

Eleccións

O din no país veciño, e moito temo que o análise sirve para toda a UE

"A pobreza dos debates, a inconsistência das propostas, o cansaço dos eleitores não são elementos novos que decorrem do período eleitoral: são, antes de mais, o espelho de uma forma de fazer política que se cristalizou entre nós"

Constança Cunha e Sá, xornalista do "Correio da Manhã"; (artigo de opinión do 26-05-2009)


Ao menos quedanos chorar.

14/4/09

República

Si da República han de estar ausentes as dereitas, cando mandan as esquerdas, e logo, cando son as dereitas as que gobernan, as esquerdas han de tolear e lanzarse á revolución, non haberá, non houbo ainda, verdadeira democracia en España. Como tantas outras cousas, a democracia aquí non é máis que un nome de raíces clásicas e de contido estranxeiro
 Flores Tricolor
Por unha verdadeira República! e quizais a terceira é a boa!

20/6/06

Mala prensa

A politización dos medios sustitue a información e incluso á crónica periodística, vexan senón estos dous titulares:

Dous titulares de mala prensa
Sendas portadas do xornal «El Mundo»
 
 



 
 
Anotación que ven do anterior aloxamento en myblog.es deste blogue.