[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta foto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta foto. Mostrar todas las entradas

3/6/09

20 anos da masacre de Tian'anmen

O 4 de xuño de 1989 un só home enfrentóuse aos tanques do exército liberador do pobo en Beijing e se convertiu no símbolo das protestas e masacre na praza de Tian'anmem. Vinte anos (20) cumprirónse este ano (2009), no que «o home do tanque» ou «o rebelde descoñecido», os alcumes polo que foi identificado, (ainda que o tabloide sensacionalista Sunday Express especulara, sen base para dito fundamento, co nome dun estudante de 19 anos chamado Wang Weilin), fora previsiblemente executado, duas semanas despois.
A testemuña gráfica dos fotógrafos que dispararon imaxes semellantes, Jeff Widener (Associated Press) finalista dos premios Pulitzer ao ano seguinte por dita foto, Stuart Franklin (Magnum) e Charlie Cole (Newsweek) gañadora do World Press Photo dese ano (1989).

 Perpectivas de «O home do Tanque» en Tiananmen
Charlie Cole conta para a BBC NEWS as vicisitudes da foto (artigo en Inglés), e no sitio de FotoMaf.com tedes unha traducción ao Castelán

Velaquí a famosa grabación dende o sexto andar do hotel Beijing e que forma parte do documental de Antony Thomas para a cadea pública estadounidense PBS. Descoñezo os motivos polos que RTVE, única televisión que grabou os acontecementos ocorridos na praza esa madrugada (do 3 ao 4 de xuño), non fora capaz de facer o documental definitivo, polo que soamente nos queda o que contou Juan G. Restrespo (corresponsal na zona pola aquela época) en algunha entrevista e ollar quizais, algunha das imaxes grabadas esa noite, nesta reportaxe de Rosa María Calaf o ano pasado, co gallo do 19 aniversario da matanza.


Imaxes de YouTube.com baseadas no documental de Antony Thomas "The Tank Man" para o programa Frontline da
PBS

Edito: (4 Xuño 2009) Hoxe RTVE pon na súa web .


26/4/08

Espectacular foto

Espectacular aterraxe dun helicóptero da Garda Civil de rescate en montaña. Vale diredes que as aspas son mas curtas que as normais, que as hélices son máis altas, pero ainda así, moita sangue fría para cravar os patíns na neve, calcular a distancia das hélices ca pendiente... moito a ter en conta que soamente pode facer un piloto experimentado da Garda Civil. Soamente dicir Noraboa!


Foto: Evaristo García López (Aviation Corner)