[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas

5/4/10

Mosqueo na natureza

Centos de cocodrilos e hipopótamos vense na obriga de compartir as poucas zonas de auga que quedan na estación seca, nunha parte do río Luangwa (Zambia).
O "despistado" reptil veúse sorprendido por tamañas moles cando ía seguramente a tomarse un baño, e non se lle ocurriu mellor xeito que encaramarse aos lombos destes mamíferos, que persiguen ca súa mirada, cun mosqueo evidente, ao xinete escamado.

[D]
Cocodrilo sobre hipopótamos en Luangwa (Zambia)
Cocodrilo sobre hipopótamos en Luangwa (Zambia)

Polo que poida pasar, seu fino instinto de lagarto lle di, que non debe infravalorar a súa cabalgadura de dúas toneladas e media.

4/12/09

O home e a cámara con raios X

 Nick Veasey
nickveasey.com [D]

Nick Veasey converteu en oficio o que escomezou como unha pequena fechoría; fai 15 anos se lle ocurriu escanear unha furgoneta chea de latas de Pepsi®, na procura dun premio; non atopou o premio pero si co seu oficio dende entón, e ten na súa carteira a clientes como Nike®, Adobe®, Porsche® ou United Airlines®.
Para acadar a súa técnica, combina a radiografía co tratamento dixital por Photoshop®. No estudio que posue en Maidstone (ao sureste de Inglaterra), acondicionou unha habitación forrada de chumbo para controlar as emisións radioactivas. Sempra leva un traxe proctector e polo momento, nunca traballa con persoas humanas vivas, para non expoñelas aos raios X.
Os modelos humanos os obtén escaneandos cadáveres ou esqueletos que coloca en diversas posicións para acadar o efecto desexado.


Para obxectos de grandes dimensións, fai moitas placas e compón coma se fose un crebacabezas, peza a peza, ata dar co traballo.

2/6/09

Coche eléctrico da lúa

101 anos, máis de 450 millóns de producción de coches, tecnoloxía de vangarda na creación da primeira bomba mecánica para o corazón e o primeiro e único polo momento veículo lunar (Delco Electronics pertenecente a GM fabricou xunto a Boeing o chamado Molabs —LRV—) que pisou a lúa, eléctrico, para que chegue Rick Wagoner e afunde a compañia.

Noraboa Sr. Wagoner, coas súas prácticas e vergoñentos bonus, vostede é o listo da película e 10 millóns para o seu retiro.
A culpa son dos que merca GM ainda a pesares de todo; como me lembra todo esto, a un banco de orixe vasco e que se levou un "pequeno" bono por irse