[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta Nick-Veasey. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nick-Veasey. Mostrar todas las entradas

4/12/09

O home e a cámara con raios X

 Nick Veasey
nickveasey.com [D]

Nick Veasey converteu en oficio o que escomezou como unha pequena fechoría; fai 15 anos se lle ocurriu escanear unha furgoneta chea de latas de Pepsi®, na procura dun premio; non atopou o premio pero si co seu oficio dende entón, e ten na súa carteira a clientes como Nike®, Adobe®, Porsche® ou United Airlines®.
Para acadar a súa técnica, combina a radiografía co tratamento dixital por Photoshop®. No estudio que posue en Maidstone (ao sureste de Inglaterra), acondicionou unha habitación forrada de chumbo para controlar as emisións radioactivas. Sempra leva un traxe proctector e polo momento, nunca traballa con persoas humanas vivas, para non expoñelas aos raios X.
Os modelos humanos os obtén escaneandos cadáveres ou esqueletos que coloca en diversas posicións para acadar o efecto desexado.


Para obxectos de grandes dimensións, fai moitas placas e compón coma se fose un crebacabezas, peza a peza, ata dar co traballo.