[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta ubuntu. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ubuntu. Mostrar todas las entradas

31/7/09

Ligazóns do mes (xulio 2009)

Velaquí o listaxe mensual do que atopamos interesante na rede. Esperamos que atopedes útil algunhas das seguintes recomendacións:

Pasos para instalar Ubuntu nas vosas máquinas, o tedes en guíaUbuntu.org; ainda que é difícil escoller entre a anterior ligazón, ou esta outra de Tuxes e Cogombros tuxepepino.wordpress.com

Os pasos son os mesmos para instalar calqueira versión, polo que son unhas ligazóns a poñer a salvo como marcadores imperenes, no teu cartafol de favoritos.

Por suposto estos pasos están testeados e con éxito, non podemos recomendar outros que probamos porque ainda non acadamos ningún resultado avaliado ou positivo, pero nelo estamos.

O navegador Chrome cada vez váise facendo más popular, grazas a súa rápidez e engadidos, coma as extensións. Algunhas veñen do entorno de Firefox, e para conquerir ese complementos velaquí tes unha escolma en https://chrome.google.com/extensions/.

Xa vos falamos o anterior mes dunha ligazón interesante sobre un loft espectacular que atopamos surfeando pola rede, pois dita páxina podes atopala co subdominio de balde en co.cc e no sitio de 000webhost.com, almacenamento gratuito.

28/7/09

Bonito e que non te trata como un burro

O 22 de outubro 2009, celebran os siareiros da empresa de Redmond (WA, USA) a saída da versión «séptima» como denominación comercial (Windows7®), en competencia directa co recén estrenado Karmic Koala® de Ubuntu®.

Aqui tedes a primeira avaliación, antes de que sairan definitivamente, as versións, a de Ubuntu® é Alpha 2, a de Windows® e a versión definitiva (RC).
E sobran máis comentarios que ollar o tempo que tardan en arrancar, conectarse a unha rede WI-FI, ou apagarse.


Video: YouTube [4'5 Mb]

Transcrición do video:

Vense dous portátiles SONY® Vaio® idénticos situados un ao carón doutro, prendese a vez, o situado a esquerda ten o sistema operativo Karmic Koala® de Ubuntu® (versión Aplha 2) e o que esta a dereita, Windows7® de Microsoft® (versión definitiva —RC—).
Ao cabo de 24 segundos aparece no portátil da esquerda (Ubuntu®) a pantalla para inserir o usuario(a) e o contrasinal, 5 segundos despois aparece o escritorio e 3 máis tarde, conectase a unha rede WI-FI. O portátil da dereita (Windows7®) tarda 44 segundos en amosar o escritorio.
Para pechalos, o portátil da esquerda tarda 10 segundos, o da dereita 20 segundos.