[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta Ang-Lee. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ang-Lee. Mostrar todas las entradas

11/10/09

O lado escuro

A colleita de premios de directores como Steven Soderbergh, Quentin Tarantino, Ang Lee ou Robert Rodríguez, algunhos descubertos no Festival de Cine de Sundance, e aupados por Harvey y Bob Weinstein, fundadores da compañia cinematográfica Miramax (chamada así polo seus pais Miriam e Max), que arrasaban en cada certamen, de finais dos oitenta e principios dos noventa, da pe a Peter Biskind para formar o engranaxe desta novela, cunha traxectoria revitalizadora e expansiva do que foi o cinema e o festival independente, e que vos recomendamos vivamente: "Sexo, mentiras e Hollywood" (Down and Dirty Pictures), da editorial Anagrama e non hai polo momento traducción ao galego.




Dende logo o Sr. Biskind é un especialista en amosarnos a trastenda da industria cinematográfica estadounidense, xa o fixera ca anterior narración "Moteiros tranquilos, touros salvaxes" (Easy Riders, Raging Bulls) e convirtese case nunha lectura obrigatoria para escudriñar cara onde se dirixe o mundo cinematográfico.

«Cometí o erro de poñelo sobre a mesilla de noite, e foi como si tivese ao meu carón unha bolsa de marihuana e dixera “non vou a fumar”. Non podía deixarlo» son as verbas de Quentin (Tarantino) sobre esta segunda crónica do cinema moderno, ainda que con menos drogas e disparos que a predecesora (os anos 70 puxeran o listaxe moi alto), e rechea eso sí, con profusión de datos e cotilleos impagables en 700 xugosas páxinas.