[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta lista-robinson. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lista-robinson. Mostrar todas las entradas

26/3/09

Hai Trolls no mundo real

Un Troll en internet é unha persoa que busca o enoxo dos participantes nun foro, por exemplo, polo que podemos definilo como un ser noxento, que non fai nada constructivo e cos únicos fins de pasalo rato (un bo rato él) na meirande parte das veces. Utilizánse outros termos como Flame (todos coa descendencia anglosaxona de cebo).

Comparativamente podemos chegar a conclusión de que Troll e Spamer rivalizan entre cal pode ser o máis noxento. 

Na miña comunidade de veciños chegamos xa fai tempo a poñernos todos de acordo, que xa é difícil, de non admitir publicidade nos buzóns, para o cal dispusemos dun buzón exterior destinado ao efecto, e hai que dicir que a meirande parte dos folletos van parar a ese buzón, que cada un de nós fai uso del, segundo lle interese o folleto publicitario. Ademáis hai exposto un cartaz que prohibe expresamente depositar folletos publicitarios nos buzóns, facendo responsable a empresa anunciadora.

Pero temos duas (muebles Compostela e Gonzacar), na zona de Compostela, que fan caso omiso del, e siguen a depositar folletos nos buzóns, ainda a pesares do cartaz. Ás dúas pusemonos en contacto para que fixeran caso do cartaz e desistiran de seguir depositando publicidade, pero nada, todo sigue igual.

Polo que pasamos a actos de guerrilla mail, e esto é os que propoñemos para este tipo de empresas, que teñen a mesma actitude:

Facer flamewar e  o Troll cos enderezos de ditas empresas, asi si despois de ver a cantidade inxente de spam no seu buzón, sen protexer dito enderezo, son capaces de recapitar no seu xeito de facer mercadeo. 

Por desgraza non estamos protexidos para a publicidade sen enderezo, excepto nalgúns concellos de Catalunya, que fixeron un regulamento sobre o buzoneo local, e medianamente podemos recurrir a fallas administrativas, como a ausencia do pago na tasa de reciclaxe de residuos e pedir auxilio a FECEMD (servizo lista Robinson).