[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta cig. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cig. Mostrar todas las entradas

28/3/12

Porqué debemos ir á Folga Xeral

Porque esta reforma, que é un Golpe de Estado, acaba cos poucos dereitos laborais que tiñamos.

ABARATA E FACILITA O DESPEDIMENTO

Porque sen ter que demostrar nada, só con alegar diminución de ingresos ou previsión de perdas, aínda que teñan beneficios, as empresas poderán:

  • Despedir a un ou varios traballadores/as, novos ou antigos, con 20 días por ano traballado, máximo un ano de indemnización.
  • Despedir sen indemnización antes dun ano aos novos contratados nas empresas menores de 50 traballadores/as.
  • Despedir por máis dunha baixa que sume máis de 9 días en dous meses, ou mais de 21 días en catro meses,aínda que esteas hospitalizado ou padezas una enfermidade moi grave.


REDUCE SALARIOS E EMPEORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO

Porque con alegar diminución de ingresos, previsión de perdas, ou razóns de competitividade, as empresas poderán non aplicar o Convenio Colectivo, reducir os salarios ata o Salario mínimo (641 € ), modificar a xornada de traballo, máis ou menos horas segundo conveña, cambiar as funcións e o traballo que facemos, etc.

Tamén pode modificar individualmente todas estas condicións a cada traballador/a.

Porque permite que ata os 33 anos traballemos como aprendices cobrando 480 € /mes.

Porque dá un poder inmenso ás ETTs na contratación igual ao INEM, parecido ás Mutuas coa Seguridade Social, para chantaxear os traballadores/as.


NON CREA EMPREGO, DESTRÚEO

Porque creará mais paro ao facilitar e abaratar tanto o despedimento, e porque coa flexibilidade a empresa pode traballar máis horas con menos persoal.

Porque obriga a traballar gratis aos parados/as substituíndo o persoal contratado nas Administracións Públicas.


Este goberno do PP quere que todos e todas sexamos precarios. A reforma reducirá os nosos salarios e traballaremos máis horas. Non esquezas que tamén están reducíndonos todos os nosos dereitos na sanidade, no ensino, nas pensións, nas prestacións sociais...

Todo, para que os ricos sexan máis ricos, para a banca, para as grandes empresas multinacionais.

Empecemos a parar esta reforma parando o 29 de marzo!

Tedes máis información das manifestacións para o día da Folga na CIG


 

2/2/09

A Saúde non poder ser un negocio

Co establecemento por parte do Sergas do servicio "Saúde en Liña", concédeselle a unha empresa privada a citación centralizada en Atención Primaria, a través do teléfono 902 077 333. A pesar de que o Sergas e a propia empresa din que a chamada se tarifica como local, o certo é que, segundo a páxina web e o teléfono de atención a empresas de telefónica, a chamada conta como provincial, e hai diferencia de prezo coas chamadas metropolitanas.

Varias asociacións de consumidores xa denunciaron que a chamada a este servizo é máis cara que a un teléfono fixo, e se temos en conta que hoxe en día moitas chamadas realízanse dende teléfonos móviles, un minuto chamando ó 902 pode saír en 15 céntimos establecemento de chamada e 43 céntimos o minuto, impostos non incluidos, segundo o operador que teñamos contratado (podes pedir información á túa compañía telefónica para saber o prezo exacto). E se temos tarifa plana ós teléfonos fixos, os prefixos 902 non entran en tal bonificación nin en ningunha outra..

Se te chegou unha carta do Sergas para que pidas cita no teléfono 902 077 333, para beneficiarte da tarifa plana ou chamar máis barato, o único que tes que facer é chamar os teléfonos fixos que todo número 902 ten asociado.. Según dende qué provincia fagas as chamadas, os teléfonos que tes que marcar son os seguintes:


A CORUÑA: 981 952 950
LUGO: 982 269 893
OURENSE: 988 398 350
PONTEVEDRA: 986 806 350


Ó normal é que se chame dende a provincia de residencia, pero se estás en Lugo de paso e queres pedir cita para o teu médico que está nun centro de saúde de Ourense, chama ó teléfono de Lugo: sairáche máis barato. Aténdenche os mesmos teleoperadores e exactamente nas mesmas condicións que se chamaras ó 902, pero benefíciaste de chamadas máis baratas.
Por qué o Sergas non da publicidade a estes teléfonos en cada provincia, moito máis baratos ou incluso gratuítos (se temos tarifa plana), e obriga a chamar ó 902, máis caro? Quen se beneficia desta actuación? Qué gana ó Sergas e a empresa privada con todo isto?

Pasao, dalle publicidade aos teléfonos do teu centro de saúde sen ter chamar a un 902.