[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta Camboxa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Camboxa. Mostrar todas las entradas

11/5/10

Máis trocos, menos palabras

Global Humanitaria é unha ONG laica, independente e plural que traballa por favorecer o desenvolvemento e igualdade de oportunidade dos pobos. Non fai moito, en Ourense, tivemos a ocasión de ollar a exposición de Juan Díaz García, co expresivo título: «Había unha vez un neno», que sirve para denunciar os delitos sexuais contra os pequenos que se cometen en Camboxa.

Na súa capital, Phnom Penh, numerosos nenos e nenas traballan na rúa, despegados das súa familias, ou o que pior ainda, vivindo en burdeis alimentados polo turismo sexual.

Para dar un teito as vítimas desta desgraza e perseguir aos pedreastas extranxeiros, a organización ideou Project Camboya. Despois de cinco anos, o traballo de 29 voluntario(a)s vai dando os seus frutos*, pois case 200 menores acollerónse no programa de acollida, as embaxaidas e corpos policiais  —cada vez máis implicados— realizaron 70 detencións de 17 nacionalidades distintas e 37 condeas xudiciais.

Os sospeitosos sempren son vistos en zonas turistícas, onden ofrecen cartos as súas familias, que aceptan dada a súa precaria situación.

[D]
Juan Díaz García — Unha rúa de Phnom Penh en Camboxa
Foto: Juan Díaz — Unha rúa de Phnom Penh en Camboxa


No blogue Photogoio, de Gregorio Lalanda, tedes en imaxes, un fiel reflexo da Camboxa; (casualidades que ten a vida, ten a mesma imaxe co mesmo encuadre da foto de Juan Díaz).

Por máis palabras ou por menos, o que conta son os trocos xenerados, e conta tamén os que nós mesmos fagamos, decatemonós xa!.

*Actualización do 25 de agosto 2010
O goberno de Camboxa ven de asinar un acordo de colaboración para unir os esforzos de investigación e persecucción dos delitos sexuais ca organización; (máis información).