[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta MondoLirondo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MondoLirondo. Mostrar todas las entradas

3/11/10

Excusas para ser xurado

As Audiencias Provinciais celebraron a finais de setembro, principios de outubro, o sorteo —fáino cada 2 anos, coinciden nos anos pares— para formar parte dun xurado popular.
Había un prazo de 7 días a partires da data do sorteo para reclamar contra o mesmo, antes do 15 outubro dánse a coñecer a súa resolución —que non é susceptible de recurso— e a finais de outubro sae o listaxe definitivo, que se remite aos concellos e publicase no Boletín Oficial da provincia (polo que non vale negarse a recibir a notificación) e notificase, aos agraciados(as) por correo, onde teñen 15 días para presentar algunha alegación que estudará o xuíz decano.

A Lei di que como sexas español, maior de edade, saber ler e escribir, estés empadronado na comunidade e non teñas impedimento físico, psíquico ou sensorialmente tes moitas papeletas, agás os "exentos" de pringar nestas lides; a saber, a Familia Real, os(as) políticos(as), as forzas de seguridade, funcionarios(as) de instituciones penitenciarias e avogados(as), os condeados(as) ou acusados(as) dun delito; tamén poden verse liberados os estudantes que teñan que ver ca xustiza.

Normalmente aos maiores de 65 años se lles excusa, pero cando se enteran de que as dietas son maiores que as pensións que perciben (actualmente 90 Euros máis o mantenemnto), ofrécense voluntarios(as).

Un xurado popular máis non pode xulgar calquera tipo de delito, polo que lle tocará asistir aos xuízos de asasinato, homicidio, os cometidos por funcionarios públicos (malversación de caudais públicos), delitos contra o honor (calumnias e inxurias), incendios forestais... O seu veredicto é de culpabilidade o non culpabilidade, pero non poden declarar a inocencia de ninguén.

Así que podes ser un deses(as) agraciados(as), e non che desconta puntos si fuches xa de pringado a unha mesa electoral, (non podo eu falar moi alto, porque a min tocoúme xa 3 veces).
Ben é certo que moitos dos que saen escollidos non poñen impedimento, pero 1 de cada 5, alegan todo tipo de excusas, con base ou sin ela.

— «Non sei ler nin escribir» namentras lle entrega o DNI cunha rúbrica perfecta.
— «E logo ésta é a súa sinatura?» Pregunta o funcionario.
— «Eeee, é que aprendina a debuxala».

As veces ter fillos pequenos exime a participación no xurado.
— Teño importantes cargas familiares.
— Pero os seus fillos non están na universidade?...
— Eeeiii...

— Desempeño un traballo de relevante interés.
— Ah si! cal é o seu traballo?
— son propietario dunha froitería.

Son obxector de conciencia do sistema do xurado, dame medo, xa cobran dabondo os xuíces e son eles quenes teñen que facelo e un largo etcétera.

O caso que lle tocou a un familiar que xa revolucionou a media familia, para atopar motivos para non ir; a xustificación é que sendo autónomo suponlle un trastorno maior que a un asalariado.
Nesa procura de excusas estamos, para tratar de escaquealo, tedes vos algunha suxerencia máis verosimil que as atopadas.

20/6/06

Fútbol: España-Tunicia (3-1)

Unha cagada da defensa e a pouco se van os nosos sonos ao carallo!
Ou é que España se resquebraxa polo acontecido en Catalunya?.
Pois vai ser que Acebes tiña razón... ata Manolo o do bombo presaxia o pior e non esta por rrir do chiste do locutor -«Pánico en Túnez»-, non, se como humorista non tiña futuro, e queda ver si como locutor terá máis traballo... ata que marca Raúl; xa me imaxino os titulares do «Marca» mañán, "Tiña que ser él", agora nos castigarán coa súa selección para todos os partidos.

En fin victoria xusta grazas a Alá!

Anotación que ven do anterior aloxamento en  myblog.es  deste blogue.
 
 

19/6/06

Diferencias na ducha entre a muller e o home

A muller
Te quitas a roupa e a colocas na cesta da ropa sucia segundo a tonalidade de cores.
Caminas cara o baño coa bata de baño.
Si ves a teu noivo/marido no camiño, te tapas ben o corpo e saes correndo cara o baño.
Paraste frente ao espello e detallas teu físico.
Sacas a barriga para poder queixarte máis do gorda que estas.
Te metes na bañeira.
Procuras a toallita para a cara, a toallita para os brazos, das pernas, das costas e a pedra pómez.
Te lavas o pelo con champú de aguacate/mel con 83 vitaminas.
Te volves a lavar o pelo con champú de aguacate/mel con 83 vitaminas.
Che botas acondicionador de pelo de aguacate/mel e o deixas por 15 min.
Lavaste a cara cunha mezcla de estropaxo por 10 min. ata que a cara se poña vermella.
Te lavas o resto do corpo con xabón para o corpo de noces e fresas.
Te quitas o acondicionador do corpo; (este proceso leva como 10 min. porque hai que estar seguro de quitarse todo o acondicionador).
Te afeitas as axilas e as pernas.
Consideras afeitarte a área do bikini, pero decides depilarte.
Berras como unha tola cando teu noivo/marido rega o xardín e perdes presión na auga.
Apagas a ducha. Escurres todas as partes molladas dentro da ducha.
Pechas o champú e botes que utilizache.
Te sales da ducha e te secas cunha toalla do tamaño de África.
Poste unha toalla super absorbente na cabeza.
Te examinas todo o teu corpo na procura de pecas/graos e os atacas coas tuas uñas ou pinzas.
Voltas cara a túa habitación ca túa bata longa. Se ves a teu noivo/marido no camiño te tapas toda e sales correndo para a habitación e pasas unha hora e media vestíndote.

Cousas raras veredes

Internet é un mundo e hai xente para todo, mirade senón que rara é algunha xente:
  • Un tipo que leva un GPS na súa cabeza perante un ano e publica no seu sitio as rutas polas que se move, para que sepamos por onde vai.
  • Cada 17 minutos alguén suicidase nos EE.UU e aquí un tipo que leva a cabo o seu proxecto de retratar de forma alegórica o suicidio de ese persoa anónima que se quita a vida.
mañán máis...

Anotación que ven do anterior aloxamento en  myblog.es  deste blogue.
 
 

15/6/06

Fútbol: España-Ucraína (4-0)

Gañamos o primeiro encontro (4-0), pero a pesares de que todos os comentaristas de TV, radio e supoño que mañan os xornais, dicindo que gran partido, que xogaron moi ben, bla bla, bla... a min non me satisfizo o xogo, para min que xogaron mal, si non fora polo resultado tocaríanos sofrer.

A por eles Oe!

Hans, o realizador do encontro, non parou de procurar tomas do público, sinal do que ocorría no campo non era moi interesante (grazas a Hans poidemos ollar o namorados que están Feli e Leti, un punkie cunha cresta vermella e gualda, como se fai o tsunami -esto non e meu, e o chiste do comentarista da Sexta, ou era de catro...-, Manolo o do bombo (cunha camiseta chea de lamparóns)...

Non sei si hai algunha estadística de cantas veces perderon o balón, ocasións falladas por Villa, diante da portería... en fin o único que se salva Puyol e o resultado.

Veña hai debate, Que opinades vos?

Anotación que ven do anterior aloxamento en  myblog.es  deste blogue.
 
 

Consellos para ser pais

Despois de dous anos de paternidade e un só fillo, con ánimo de infundar valor aos meus amigo(as) que ainda non teñen fillo(as), deseguido unha serie de consellos:

14/6/06

Estado vexetativo

Onte, miña esposa e eu estabamos sentados na sala, falando das moitas cousas da vida, da idea de vivir e morrer, e lle dixen:

...nunca me deixes vivir en estado vexetativo, dependendo dunha máquina e dos lí­quidos dunha botella. Si me ves nese estado, desenchufa os artefactos que me manteñen vivo...


Ela se levantou, desenchufou a televisión e me tirou a cervexa.

Anotación que ven do anterior aloxamento en  myblog.es  deste blogue.

Prefecía de Nostradamus

Unha das profecías que deu Nostradamus, dice así:

Cando ao sexto mes de 2006 finalice, o Rei de España cruzará os Pirineos co seu exército. As lexións de Belcebú agardarán a batalla nas planicies do centro de Europa. A destrucción e a derrota caerán sobre os malvados. O Santo Grial volverá, co Rei triunfante, a España.


A interpretación está ben clara: D. Xoan Carlos irá a ver os partidos da Selección Española de fútbol no campionato de Alemaña e volverá coa copa do mundo. Esta vez non hai excusas, se Nostradamus leva a dicir desde fai varios secúlos, non van chegar agora uns xogadores de pacotilla a destrozarlle ao home dita profecía.

Anotación que ven do anterior aloxamento en  myblog.es  deste blogue.