[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta viaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxe. Mostrar todas las entradas

3/10/10

Xeneralidades de Salvador de Bahía e Brasil

Folla de viaxe núm. 4

Aqui a xente, ten sempre un pulgar levantado, en signal de Ok, case nunca pitan cando conducen, e só tes que pedir licenza e delvolver a xeito de obrigado, o pulgar levantado. Este aceno, resume o sentimento positivo que dan en xeral os bahíanos, son alegres e educados, e non atosigan oa turista, como noutros sitios turísticos do planeta.

A comida está ben, tan só tes que ter coidado coa auga, igual que en Marrocos (en árabe: المغرب), porque apenas existen depuradoras, e por iso as praias de bahía, no son aconsellable o baño. A vida subiu bastante, desde a última vez que estivo Raquel e Sito, e o troco actual, é apenas dividir por dous o prezo en reais. Ainda así podes comer con 5 euros e beber cervexa augada e xelada por menos dun euro (iso, senon ten ven tropezar ao entrar... porque tamén hai sitios caros).
A seguridade é relativa, quere dicir, debes evitar algunha zonas pola noite, pero de momento non tivemos nengún problema.

Ao anoitecer, dependendo das excursión, xúntamonos no noso hotel, e como a xente é moi agradable e simpática, bebemos unhas cantas -brebaxe de sobra conñecido- e que aqui só beben os turistas. (A eles gostalles máis unha especie de augardente), e compartimos conversa cos camareiros(as), risas e confidencias. (estan moi ledos con que España gañara o Mundial, e aos arxentinos, non son ... ben, case igual que en España)

O noso hotel, sirve tamén de lanzadeira, para sair ou consultar a caixa do correo, porque no Vila Galé, —o de Sito e Raquel— a internet vai peor que no noso.

Agora mesmo, están en eleccións, e semella que se volta a presentar. Non é así, pero sae en todas fotos con , a candidata do goberno. En xeral non se ve publicidade de partidos, só dous candidatos, acompañados dun número, que como supoñemos que hai un montón, no colexio electoral tes que marcar os números dunha tarxeta; Hai certa polémica, porque nestes días estase a celebrar o festival de cinema de Río de Janeiro, e alí xúntouse a comisión cinematográfica, para decidir que a película sobre a vida de Lula, é a candidata aos Oscar™, representado a .

Neste pintoresco panorama, que imos coñecendo, descubrimos que non se nos poden dar un plano da cidade e do estado, porque sae o símbolo do goberno, e iso esta proíbido pola Lei electoral. (Así que xa vos imaxinades como é o noso deambular, mais non é moi penoso, porque se preguntas, chegas a case todos os sitios... incluso ao fin, por hoxe, desta crónica)

2/10/10

A Chapada Diamantina e as praias do Coco

Folla de viaxe núm.. 3
Decidimos, alugar un coche entre os catro, e como tiña unha recomendación para visitar o parque Nacional da , ala fumos.

Imaxe do Parque Nacional da Chapada Diamantina
Parque Nacional da Chapada Diamantina
Dicir en primeiro lugar, que vaias a onde vaias, sempre vas a atopar un atasco que pode ser unha hora ou dous, —si te confundes— ...Os brasileiros non conducen mal, (comparados cos rumanos ou marroquíes) pero adoitan conducir moi agresivamente, ou sexa, que tes que estar moi atento aos cambios de faixa -ou carril-. A distancia que temos que percorrer é de case 500 kms., e as estradas non axudan. (Á volta un simple accidente de nada provou kms. de retención). Cando chegas ao destino, atopas unha pequena vila () moi coqueta e colonial de pranta baixa. Todo o pobo, ou case, vive do turismo de montaña.

Así que decidimos contratar un guía, porque estábamos avisados, que os sendeiros non estan sinalizados. Luciano (o guía) xa nos avisa que 1 día non chega a nada, e que deberíamos estar polo menos tres ou catro días. Lamentablemente, os únicos que íamos co ánimo, eramos só Sito e eu. Asi, unha pequena excursión, baños nas pozas, e volta.

Ao día seguinte, a pesar do cansanzo decidimos, tirar para a costa dos cocos, así chamada polos idílicos skyline de areira, cocos, chiringuito desartalado, mal pintado con cores chillóns e cervexa a esgalla (Iso din que é a Skol). Aqui podes visitar ( a minha preferida), praia forte,...


Preto de Arembepe, hai un poboado hippie, onde din que viviu alá polos 60-70, e . A paisaxe é brutalmente virxe e fermosa. As ondas en consoancia, non permiten un baño placentero, pero polo menos están limpas. No poboado descubrimos a Luis, un Lugareño, moi amable que nos ofrece ver a súa casa, e un pouco de conversa.

Hoxe dous días despois, cun pouco de saudade, porque Sito e Raquel marcharon na procura dos seus destinos en Brasil, estou aposentado no hotel cunha pequena diarrea, froito —supoño— da auga coa que limparon a ensalada e os legumes que acompanãron un saboroso peixe, semellante ao robalo «Dicentrarchus labrax» (Por certo, aqui son espectaculares en sabor e tamaño), baixo unha palmeira ao borde dunha praia semideserta;

26/9/10

«Sorria, você está na Bahia» Parte do viaxe cara outra beira do Atlántico

Folla de viaxe núm. 1: Ourense-Barajas (Madrid)

Déronnos un pepino de coche (Opel insignia) no "rentacar". Un carro que se pon a 260 km/h, e que caro nos costa ir co pedal no límite para non caer no pozo aos infernos da DGT. Chegamos creo sen novidade, -xa miraremos na caixa de correo, se hai algún boleto sorpresa, para preparar a oportuna alegación: do estilo... «axente eu non quixen correr» ...- Non sei para que meten estes carros de aluguer, porqué é un sofrimento estar tan atento a agulla do tiramillas.

No aeroporto tivemos a primeira sorpresa, atopamos a Sito, un rapaz coñecido por levar antes o bar Montecarlo, na rúa Lepanto de Ourense.