[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas

17/5/09

Histórica manifestación na defensa da lingua

Máis de cincoenta mil persoas ateigaron as ruas de Compostela hoxe día 17 de maio de 2009, berrando consignas en favor da lingua Galega.
Somos país grazas a Lingua, e a nosa, en Galiza en Galego por suposto. Temos entre todos nos, a conciudadáns que respectan a nosa lingua, e ata o momento vivimos en armonía, se maniqueístas imposicións como din por aí fora. Coa manifestación pacífica de hoxe, amosase que os galegos somos xente noble, de paz, de ben; e o Galego máis que lles pese algún(algunha), non vai esvarecer, namentras unha cidadanía berre como o fixo hoxe, polas ruas Composteláns.

 Aitor cun Altofalante na man dirixindo aos manifestantes A praza da Quintana quedou pequena para tanta xente que asistiu á convocatoria de A MESA, ainda a pesares das inclemencias do tempo. Na imaxe actores da compañia Zancalino colaborando na organización da manifestación.


 Manifestación do 17 de maio na Alameda de Compostela
Sobre a unha do mediodía xa chegara a cabeza da manifestación a praza da Quintana e ainda había xente que non se poidera mover da Alameda.



 Manifestación na defensa da Lingua o 17 de maio 2009 na Praza da Quintana en Compostela
Milleiros de manifestantes soportaron as inclemencias do tempo Compostelano, que por veces saía unhas raiolas de sol, como escomezaba a chover intensamente.



 Xosé Manuel Beiras na praza da Quintana (17 de maio do 2009) Xose Manuel Beiras estivo na Praza da Quintana. Aos que non se viron por ningures foi aos de Galicia Bilingüe.



 manifestantes na praza Galicia (17 de maio do 2009)
A praza da Quintana sobre a unha do mediodía, cando emprezaba a encherse. Debido ao éxito da convocatoria, que os de A MESA non preveían en absoluto -debido a grandes fallas na organización-, a praza tivo que baleirarse ata en tres ocasións para dar cabida ao resto dos manifestantes espallados polas ruas veciñas.


Fotos: SusoPb (Copyleft)


19/2/09

Estado de opinión

A Xunta, por medio da sociedade de xestión do Xacobeo, ven de anunciar unha inversión millonaria, para arranxar por segunda vez, (Primeiro foi Pérez Varela) a catedral de Ourense. Toda esta lexislatura, distinguiuse pola continua achega de cartos ás igrexas de Ourense, mentras esmorece a inversión nas propias instalacións públicas ou nin siqueran se programan novas inversións.
Levamos máis de dez anos de retrasos, co proxecto de rehabilitación do museo arqueolóxico, coa paralización e deixadez da nova instalación da biblioteca e o arquivo, do esquecemento de mantenemento na biblioteca nodal de Ourense, onde o é inxustamente tratado.

O seguinte texto, podes modificalo e reenvialo aos teus contactos, para así crear un estado de opinión, de que este, NON É O CAMIÑO!

Podes enviar este correo de protesta a:


se.atnux@aicnediserpeciv se.atnux@arutluc se.oebocax@bewoebocax




Ante a promesa de licitar o proxecto (nunha semana ) de restauración das policromías do Pórtico da gloria da catedral de Ourense, por un importe de 350.000 euros, preguntámonos;

  1. Sirve de algo investir duas veces no mesmo edificio? (é a segunda vez en menos de 10 anos)
  2. Vai a cidade de Ourense mellorar o seu déficit de infraestruturas pola inversión prometida?
  3. Melloraremos as porcentaxes de discriminación positiva e serviran para crecer cualitamentente no tecido social e productivo?
  4. Que prioridades ten o goberno galego en materia de patrimonio, por canto só arranxa igrexas, mentras permite que se destrague o propio patrimonio?
  5. (A modo de exemplo sirvan de mostra, as instalacións da rúa Concello núm. 11, onde a Consellería de Cultura, non ten cartos para sustituir as butacas do salón de actos, nin siquera pintalo)


Talvez, sexa o momento, que se tomen a molestia de respostar antes do 1 de marzo.

18/2/09

Atopei o meu voto

Seguindo as recomendacións de maceirax en Chuza, eu xa sei a quen vou votar nestas eleccións.

 Gran Circo Galego Foto e campaña do sitio circogalego.co.cc


Vos ánimo a coller esta (813 Kb formato .pdf)

28/1/09

Usa a bici! (cando menos unha vez ao mes)

 convocatorias masa crítica en Galicia
Xa fai un ano que os da masa crítica de Lugo (24-01-2009) botánronse a pedalear (Felicidades!).

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios(as) que realizan un paseo colectivo pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico e saudable, demandando da Administración Local un compromiso real coa mobilidade sostible e ecolóxica; e que ademais contribúe a reducir a contaminación atmosférica e acústica na cidade ou pobo, facendo un espazo máis limpo, humano e respectuoso co presente e devir do noso ecosistema.

A bicicleta é, con moito, (e malia o seu inmerecido ostracismo), o vehículo máis eficiente e mellor adaptado á mobilidade urbana.
A grande maioría dos desprazamentos urbanos non superan os 10 quilómetros, unha distancia perfectamente asumible por un ciclista usuario(a). Ademais a bici, apenas si ocupa espazo urbano circulando ou aparcada, e non precisa de custosas infraestruturas, é completamente libre de emisións nocivas (a menos que o usuario(a) se tomase unha pota de fabas:).

 Masa Crítica en Galicia (ainda a pesares do tempo)
Días con luz, outros de noite, con sol, con frío, con auga, ... máis xente ou menos, pero sempre un grupo de ciclousuarios(as) con gañas de pasalo ben baixo o lema: Usa a bici a diario e celébrao unha vez ao mes. E vaia se o celebran, vestidos de calle, de sport, disfrazados, espidos ... é que, vaias como vaias na bici vaise de vicio.

Cada un de nós pode colaborar neste movemento concienciado polo respecto do medio ambiente, limpo e humano; como queiras... uns pegandos carteis, outros repartimos pasquíns, e todos nós colaborando por exemplo nos blogs de masa crítica e contando as túas experiencias.

Anímate e proba!; en Galicia podes contactar coa masa crítica de: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e outras localidades; na excelente páxina de www.bicis.info che ofrecen información sobre a masa crítica de Galicia, obter consellos e outras ligazóns interesantes; máis información: no estado Español en www.masacritica.es; en Portugal en massacritica.pegada.net e tamén no sitio internacional critical-mass.info.