[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta bici. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bici. Mostrar todas las entradas

14/3/11

Bici extrema

Hai que estar tolo para baixar a toda hostia polo sendeiro como o fan neste video, con cáracter subxectivo da perspectiva, o que lle da unha nova dimesión e che fai partícipe sen poder evitalo de dita baixada...


Video: YouTube.com [.mp4] 12 Mb

31/5/09

Ligazóns do mes (maio 2009)

Este mes os ligazóns que vos traemos son perecedeiros, son noticias ocorridas perante os derradeiros días, que como a sociedade de consumo que nos toca vivir, todo é efímero; velaquí algunhas novas que nos chamaron a atención...


Xoves pro vida expulsados dun mitín do Partido Popular
Cría corvos...e che comeran os teus ollos!

O papa Benedicto XVI non se explica porque foi escollido (nós tampouco, que conste)

Nado un novo xornal dixital
(«eldiario.es»), dirixido por Nacho Escolar (antiguo director de Público)

Un pirata informático proyecta una peli porno nun poste de aluguer de bicicletas.

O vindeiro mes, máis e mellor...

28/1/09

Usa a bici! (cando menos unha vez ao mes)

 convocatorias masa crítica en Galicia
Xa fai un ano que os da masa crítica de Lugo (24-01-2009) botánronse a pedalear (Felicidades!).

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios(as) que realizan un paseo colectivo pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico e saudable, demandando da Administración Local un compromiso real coa mobilidade sostible e ecolóxica; e que ademais contribúe a reducir a contaminación atmosférica e acústica na cidade ou pobo, facendo un espazo máis limpo, humano e respectuoso co presente e devir do noso ecosistema.

A bicicleta é, con moito, (e malia o seu inmerecido ostracismo), o vehículo máis eficiente e mellor adaptado á mobilidade urbana.
A grande maioría dos desprazamentos urbanos non superan os 10 quilómetros, unha distancia perfectamente asumible por un ciclista usuario(a). Ademais a bici, apenas si ocupa espazo urbano circulando ou aparcada, e non precisa de custosas infraestruturas, é completamente libre de emisións nocivas (a menos que o usuario(a) se tomase unha pota de fabas:).

 Masa Crítica en Galicia (ainda a pesares do tempo)
Días con luz, outros de noite, con sol, con frío, con auga, ... máis xente ou menos, pero sempre un grupo de ciclousuarios(as) con gañas de pasalo ben baixo o lema: Usa a bici a diario e celébrao unha vez ao mes. E vaia se o celebran, vestidos de calle, de sport, disfrazados, espidos ... é que, vaias como vaias na bici vaise de vicio.

Cada un de nós pode colaborar neste movemento concienciado polo respecto do medio ambiente, limpo e humano; como queiras... uns pegandos carteis, outros repartimos pasquíns, e todos nós colaborando por exemplo nos blogs de masa crítica e contando as túas experiencias.

Anímate e proba!; en Galicia podes contactar coa masa crítica de: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e outras localidades; na excelente páxina de www.bicis.info che ofrecen información sobre a masa crítica de Galicia, obter consellos e outras ligazóns interesantes; máis información: no estado Español en www.masacritica.es; en Portugal en massacritica.pegada.net e tamén no sitio internacional critical-mass.info.