Ainda que xa fai 5 anos,
Philips coa súa
Active Glass xa fixera algo parecido, este ano no
CES (
2012)
Samsung amosou unha xanela propia do fogar de
Minority Report, onde ademáis de funcionar como tal, tamén é unha pantalla multimedia; capta polo día enerxía solar, ademáis de aforrar enerxía ao precisar só un 10
% do que normalmente usa un aparello de
TV hoxe en día.
É normal que obtivese o premio a Innovación deste ano en dito evento; o fabricante agarda tela dispoñible para os vindeiros meses, din que para a primaveira. O que non revelaron foi o seu prezo, se presupón que dita intelixencia vaia emparellada ca imposibilidade de conquerila nun futuro inmediato.
Descrición do video: No video se amosa unha xanela que sobre a súa transparente superficie, amósanse diferentes informacións, do tempo, horaria, redes sociais, navegación web, reprodución de medios... o manexo táctil das diferentes aplicacións é doado, ademáis da transparencia da luz que queiramos deixar que ocupe a nosa instancia, ao xeito dunha persiana calesquera.