[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta color. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta color. Mostrar todas las entradas

30/9/10

Ligazóns do mes (setembro 2010)

«Microsoft Expression Web SuperPreview for Windows Internet Explorer»™ é un visor que para todo o que se adique ao desenvolvemento web precisa ter, pois trátase dun visor gratuito que che permite ollar como se comportan os teus deseños no infumable Internet Explorer 6™ e outros navegadores posteriores.

Podes descargalo sen necesidade de validar o teu sistema operativo e esta versión —de balde—, soamente che permite comparar cos navegadores de Microsoft® , soamente está dispoñible para Windows7™ e en inglés.

Microsoft Expression Web SuperPreview for Windows Internet Explorer

Seguimos co desenvolvemento de páxinas web, neste caso este sitio che proporciona abundante información de diversas materias, como os tipos MIME, con que programa se abren diferentes tipos de arquivo, caracteres Unicode, recursos... etc.

Fileformat.info

Moitas veces cando estás na procura dun color, precisas saber o cor exacto que estás a ver, noutro deseño ou páxina; aquí tes un programa —de balde tamén— sinxelo, portable e válido para todolos sistemas operativos (utilizando Wine nos sistemas que non sexan Windows™).

colorcop.net

E por último, si tedes o novo sistema operativo dos mozos de Redmond (WA, USA), Windows7™, tedes que saber, que por fin xa dispoñes do paquete de idioma para telo en galego. O idioma base ten que ser o castelán para poder instalalo. Non fai validación do teu sistema operativo.

Centro de descargas de Microsoft®

O vindeiro mes, máis por susposto.