Dende logo o Sr. Biskind é un especialista en amosarnos a trastenda da industria cinematográfica estadounidense, xa o fixera ca anterior narración "Moteiros tranquilos, touros salvaxes" (Easy Riders, Raging Bulls) e convirtese case nunha lectura obrigatoria para escudriñar cara onde se dirixe o mundo cinematográfico.
«Cometí o erro de poñelo sobre a mesilla de noite, e foi como si tivese ao meu carón unha bolsa de marihuana e dixera “non vou a fumar”. Non podía deixarlo» son as verbas de Quentin (Tarantino) sobre esta segunda crónica do cinema moderno, ainda que con menos drogas e disparos que a predecesora (os anos 70 puxeran o listaxe moi alto), e rechea eso sí, con profusión de datos e cotilleos impagables en 700 xugosas páxinas.