[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta subtitulado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta subtitulado. Mostrar todas las entradas

20/12/11

Nun mundo tan pequeno

Tras a disolución de Surfin' Bichos, (para a xeneración que viviu intensamente a década dos 80 e 90, lles soará); as apetencias artísticas dunha parte da banda coincide cun seadeiro destes e conformaría outros dos grupos albaceteños desa década prodixiosa co nome dun antiséptico, Mercromina. Tras esta etapa, ese seadeiro fáise agora chamar co alcume de Honky Tonky Sánchez, o seu nome é Carlos Sánchez, e o seu derradeiro traballo «Nesta terra hostil» (Está Tierra Hostil - Molusco Produccións) ten moito desta descarnada realidade e que sobre os nosos ombreiros tocanós vivir e o mesmo oficio desa xeneración pretérita.

A novas melodías nos leva a ese lado triste e melancólico, desgarrado e intenso dun tipo solitario, que fai con Pablo Borell o epicentro desas cancións espidas de arranxos, máis o seu novo repertorio e un comprendio sublime de todas as etapas percorridas polo artista.



Honky Tonky Sánchez - Borell [. mp4 • 18 Mb]

Video: YouTube Subtitulos: Overstream



Xa sabedes que non somos moito de fomentar o típico consumismo nestas datas, e a recomendación que che propoñemos -ademáis do seu prezo moi atinado- fuxe das sintonías de radio fórmulas e as costumbres impostas, estamos seguros que tanto si vas a velo como se mercas o seu disco, terás a partires de agora un novo tipo a quen seguir, a gardalo na túa axenda musical, avisado/a xa estás.


14/3/11

Eu non son parvo! E ti?

Facer unha entrada e botar en cara, aos demáis, os problemas que nos acontecen é doado, de feito poder ser ata catártico; os maiores de trinta —entre os que se atopa o que suscribe— denotamos nestes tempos de crise a indolenza da xente máis xove; e eu, nas miñas carnes prietas, atopeime ca situación (desagradable ata certo ponto), cando na pasada folga xeral ía de piquete informativo, e tiven que encararme cunha moza de non máis de 20 anos, polo que ela entendía o seu dereito a facer a súa vida normal, sen deparar nin siquera os motivos polo que estabamos alí, nun establecemento que se adican a tirar copias dos apuntes, libros ou calquera cousa que queras retratar en formato papel, para informar cales eran os motivos polos que se estaba a facer unha folga xeral.
Non tivemos oportunidade de dirixirnos a ela, porque principiou a berrar, co aldraxe de coartar a súa liberdade de facer unhas fotocopias; (non tiña outro momento para facelas, porque se supoñe que tería unha actividade social ou de traballo moi intensa).
O dono do establecemento decidiu pechar, non sabes a ciencia certa se as túas explicacións o convenceron, se o fai por certa solidaridade (obreira) ou ben, che persigue o «hooliganismo» practicando por outros.

Non fumos quen de explicarlle que precisamente os que lle estaban a falar (outro compañeiro máis eu), xa tiñan cotizados, por exemplo, o tempo necesario para percibir unha pensión nas actuais condicións, que si estabamos a loitar era precisamente por xente como ela (e ainda por rriba que che desconten 90 € ).

Preocupa moitísimo a banalización da sociedade no seu conxunto, de quedar a medias no análise dos problemas, de só leer por exemplo os titulares, e con eso semella de abondo para ter unha visión. Por exemplo, no asunto da privatización da caixa galega, entidade pública non o esquecemos que se quere limpar cos cartos públicos, é necesaria para fortalecer o tecido produtivo de Galiza. Nas redes sociais resulta tópico atopar algunha etiqueta para poñer un alcume a esta situación do tipo «que somos diferentes» (Galician is Different #GaliciaisDifferent) por mobilizarse por unha entidade financieira.


Video: YouTube.com [ . mp4 • 87'1 Mb] Subtitulos: Overstrem.net [ES] YouTube.com


En fin, cando só quede laiarse polo que non supimos conservar, quizais haxa reacción.
Por qué noutros países hai xeneracións que tratar de arranxar os problemas e aquí non? A verdade quizais a teña Deolinda, porque a xeneración que temos, non quere ser parte da solución ao problema, quizais ainda pro rriba nós boten a culpa pola situación, cando xa non tes máis argumentos por non poder dicirlos á cara. Sínto non poder expresarme en 140 caracteres; a banalización da sociedade reduce a simples etiquetas sen entrar no meollo da cuestión.

Cantos? ...desta xeneración se opoñen a Lei Sinde sen coñecer de que vai, Hai algo máis na campaña de Non os votes! (aparte da lei Sinde), Coñecemos realmente de que vai a reforma laboral aprobado polo goberno? E a que se está a preparar ca reforma da negociación colectiva?

Polo día 12 de marzo, a xeneración puteada de Portugal alzou a súa voz, foron quen de mobilizarse «principiou por unha convocatoria no Facebook» e foi capaz de traspasar aos feitos, dende a rede social; só falta que as sones de DEOLINDA, chegue co tremor necesario ao noso país, como unha cartarse necesaria contra a crise desta sociedade adurmilada. En Islandia, as caladiñas xa van polo correcto sendeiro.

21/6/09

Día da Música [v]

E rematamos esta serie con COLDPLAY, para que vaiades quentando motores, para o concerto de Barcelona



COLDPLAY «Yellow» Video: YouTube.com Subtitulos: OverStream.net

E de propina



COLDPLAY «Parachutes» Video: dotSub.com

Día da Música [iv]

Con aires dos anos oitenta, de spectrums, commodore... e cun pop limpo e festivo, o grupo mallorquín ANTÒNIA FONT, Ua Ieah!


Video: YouTube.com Subtitulos: dotSub.com

Un descubrimento para algún de vos, non si? -e mira que levan anos- dende o 97. Acaban de quitar novo traballo e podedes obter máis info, sobre vindeiros concertos no sitio de MySpace.com.

Aproveitando a cointura da lingua catalana, a SAU lembramoslo xa fai tempo, da gusto re-ponelos, e como non a súa mítica canción «Boig Per tu»



Video: YouTube.com Subtitulos: dotSub.com

18/6/09

Día da Música [ii]

Pink Floyd adicalle premonitoriamente a Feijo009 esta canción, despois de todo, él só é un ladrillo máis no muro





Sustitulos: dotSub.com

16/6/09

Día da Música [i]

Velaquí unha serie de entradas para celebrar o día da música, o vindeiro día 21 de xuño. Empezamos cun clásico, que non precisa presentación...





QUEEN - I Was Born To Love You (Eu Nacín para amarte) por xentileza de danielurra. Subtitulos en dotSub.com

7/6/09

Maxia Potaxia



Papando moscas vas quedar, senón pechas a boca, despois de ollar este truco; Como diaños o fará?



E xa que estamos a falar de maxia, neste caso da que crea ilusión e gañas de pasalo ben, moi recomendable a actuación do mago Juan Tamariz, a partires do 20 de xuño perante 8 funcións soamente, no teatro Marquina en Madrid (rúa Prim 11 - Metro: Banco de España) e co nome do espectáculo coma o desta entrada.




Subtitulos: dotSub.com Video: YouTube.com


Para pasalo ben, repite antes de entrar as tres palabras máxicas de Martel Negrón, que son: Amor, Humor y Liberdade.