[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta Andreu-Buenafuente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andreu-Buenafuente. Mostrar todas las entradas

25/2/11

O cachondo do día


A #retranca de Alfonso-Alfonso Tellado no programa de @Buenafuente

Transcripción e subtitulos: ND

Que un humorista como Andreu Buenafuente non teña por onde saírlle a un entrevistado é ben difícil. Que sexa un convidado do público o que o poña en apuros e incluso o deixe sen palabras, é un mérito. O pasado martes 22 de febreiro logrouno un galego que namorou ao último presentador da gala dos Goya.

Porque o nome de Alfonso Tellado, así se chama o protagonista, foi onte un dos máis repetidos nas redes sociais. O vídeo das súas inxeniosas intervencións no programa da Sexta é hoxe aínda un dos máis vistos. «Este gallego es un crack», chegou a dicir Buenafuente, así como os seus convidados.

Tanto lle gustou ao presentador a retranca deste home que o convidou a regresar ao programa para ser entrevistado. E volverá. Tellado non só fixo rir a Buenafuente cos seus comentarios, senón que incluso logrou deixalo en fóra de xogo coas súas respostas en varios momentos do programa.

“¿Es ustes nacionalista Alfonso?”. “Soy gallego, y eso ya...”, respondeu o convidado entre as risas do público. Foi só unha das saídas máis ocorrentes de Tellado, residente en BouzaMaior (San Sadurniño), xa xubilado e destacado sindicalista da CIG, onde foi secretario nacional de Negociación Colectiva e Saúde Laboral.

Autora do texto: Cris Moss
Fonte: Xornal
Medio: ElTerrat.com para laSextaTV
Video: YouTube [42 Mb]
Encurta: http://ir.gl/retrancaBNF

22/6/09

Unha conversa lúcida

Duas das persoas máis admiradas, respetadas e lúcidas que coñezco, tiveron unha sinxela conversa como amigos que son, como doutro xeito non podería ser, entre Andreu e Pepe, integros e ben que poideran ser irmáns, de todos nos... en fin que senón tivechedes a ocasión de vela, tedes na mediateca de RTVE.es o programa e tamén nas redes de P2P (para que logo digan que só se trocan pelis) .
Moi recomendable vela sen presa, como eles, cun café, cervexa ou tabaco se fumades, como eles, e tamén con amigos(as), como eles. A lucidez que eles amosaron, xa poder ser cuestión de máis tempo, oxala esas persoas que diciron verse insultadas por Rubianes poideran recollela, de todo corazón e con profundo cristiano pensamento, como eles, prego por eles.



Subtitulos: dotSub.com Video: Vimeo.com xentileza de e|terrat.com


Grazas Andreu, e Pepe xa sabes que sempre te levaremos no corazón «Sempre et portarem al cor»

Ligazóns:
  • RTVE.es (Formato .Flv, Para gardalo, preme botón dereito do rato e «Gardar ligazón como...») 392 Mb
  • Megauload 800 Mb
  • eMule 800 Mb

2/3/09

No t'oblidarem Mai

Xenial , ata sempre!





Edito:
Excelente carta de despedida de Andreu Buenafuente. Velaquí a despedida que lle brindou no programa do día 2 de marzo de 2009. Da envelexa, os bos amigos que deixas aquí Pepe!. Grazas Andreu por expresar magnifícamente meus pensamentos coas túas palabras.