Como doutras veces, acostumo a repasar as revistas acumuladas perante máis dun ano, dada a premura de facer sitio e reciclalas condenadas, ademáis de suxerirme algunha idea ou inspiración, e atopeime coa «GEO» do mes de novembro 2008, que en portada trae a reportaxe dunha viaxe "ao centro da terra"; ben ao centro centro, non, pero queda ben.
Documentan cunha serie de estupendas fotos (non podía ser menos, tratandóse de «GEO»), unha expedición de científicos italianos as covas do val de Naica (México), onde se atopa unha gran xeoda xigante.
E o val alberga un gran tesouro a 300 m. nas súa entrañas, a cova dos Cristais, Naica (México), está poblada de abraiantes cristais de selenita (ou tamén chamada «pedra da lúa») que nos amosan a gran beleza que a natureza e capaz de esconder no seu interior.
O «ambiente xeado» contrasta ca verdadeira temperatura que se respira no seu interior, con temperaruras de 50° C (122° F) e 100% de humidade, algo verdaderamente alieníxico, non humano e mortal.
Precisan pois de equipos de aillamento térmico: chalecos e traxes a base de xeo, e respiradores de aire frío para sobrevivir en condicións tan adversas, con movementos pausados e programadas as estadías no interior como máximo dunha hora.
A supervivencia sen equipos está limitada a uns poucos minutos, dada a imposibilidade de transpiración e termorregulación; a temperatura interior do corpo humano superaría doadamente os 41° C (105'8° F) e as células escomezarían a morrer, namentras nos pulmóns estaría a entrar aire húmedo a 50° C (122° F, o corazón e o cerebro se colapsarían, escomezando unha lenta coción ao vapor.
A cova dos cristais é unha gruta extraordinaria, do máis fermoso e misterioso que se coñece na Terra, e non hai ningunha dúbida que Superman sentiría esta capela sixtina da cristalografía como o seu fogar. Dende logo non é apta para o turismo e a labor encomendada ao proxecto Naica, e a divulgación e conocemento para as vindeiras xeneracións.
Ben, e algo non tan lonxe? máis preto, pensei eu... pero si temos a Xeoda de Pulpí na provincia de Almería, na serra de Aguilón, localizada exactamente en Pilar de Jaravía, ben, a fermosura dende logo no se atopa sobre a superficie, neste caso está no interior dunha mina de ferro e chumbo, a uns 50 m; as condicións climáticas son mellores que a xeoda mexicana, pero as visitas turistícas están desaconselladas por un estudio [.pdf — 3'7 Mb] do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, danaríana a estructura e o ambiente, poñendo en perigo a súa supervivencia.
Fai uns anos a Consellería de Medio Ambente da Xunta de Andalucía, suscribira un convenio co concello para...
Ainda non se sabe nada, mellor non crear falsas expectativas.dar a coñecer a xeoda e seu contexto... ainda que a xeoda orixinal non se podrá ollar... a réplica que se vai expoñer é perfecta
PS: Sigo na procura dun sitio para as vacacións, admítense suxerencias.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta as seguintes pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.