[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta denuncia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta denuncia. Mostrar todas las entradas

17/3/09

O Espiritu deste tempo

é un documental sen ánimo de lucro do ano 2007 producido por Peter Joseph con difusión por Internet (Google Video). Intenta partir dun análise racionalista e histórico da estratexia e cálculo político, de varias creencias relixiosas e institucións políticas e económicas, en especial o cristianismo, os ataques do 11 de setembro e a guerra contra o terrorismo, e a Reserva Federal e o sistema financieiro internacional. O título Zeitgeist ven a significar "espíritu guardián do secúlo" ou "espíritu do tempo", é dicir, a experiencia do clima cultural dominante.

Plantea a existencia de mecanismos de dominación absoluta dentro das institucións de control sociais, máis que discernir se as intencións son ocultas ou intencionadas; explora os métodos de convencimento individual e asentimento social da sociedade civil ante os seus dominadores.

Zeitgeist desvela as grandes mentiras históricas e actuais que nos afogan brutalmente a todos. Dende a súa publicación gratuita en Internet, na primaveira de 2007, a película foi vista unhas 6 millóns de veces. Os eventos foron simplificados para as masas, coa intención de xerar a conciencia xeral e discusión en canto a un tema que baixo a deitificación se considera tabú discutir.

E aquí tedes a versión traducida ao galego, ademaís doutros idiomas (que eres libre de escoller)


  


Video: DotSub.com

15/3/09

4/3/09

Espazo de conVIVEncia?

A lei Anti-Tabaco aprobada na anterior lexislatura por Elena Salgado é insuficiente.
A esta conclusión chegas, cando pasado o tempo, ves como dita lei tomase polo pito so sereo (como as follas de reclamacións -para que sirven?-), e agora e moi frecuente atopar a xente fumando nos centros de traballo, centros comerciais e bares -que tendo máis de 100 m2 non se atopan acondicionados ou ben, acondicionánse ao xeito galego.
O que me molesta e cando chamas á atención a alguén, que pensas, pobre despistado(a) non se decatou, pero non! si se decatou e che contesta, que pasa! denunciéme!
Non pretendo ser proselitista neste asunto, non o pretendía; ata o momento non denunciei a ninguén nin tampouco se me pasaba pola cabeza, ao fin e cabo, eu fun fumador (xa fai moito tempo, de xove) e non me molestaba nin me molesta o fume.
O que non tolero ben e a mala educación dos fumadores, que se arrogan os espazos públicos onde, os poucos que hai para non fumadores, son usurpados por éstes.

 Espazo de Convivencia?

Agora ben, se eles queren os males fumes, a partir de agora, si denuncio (ainda que non sirva para moito, dada a indolencia da administración).

DENUNCIO pois as galerías VALLE INCLÁN, onde se atopan os cines en Compostela, na rúa Fernando III o santo nº 12, alí hai un centro de perruquería, que sistemáticamente as súas alumnas se pasan dita lei polo pito do sereo.

Hoxe fixen a miña primeira denuncia, por medio de podes facelo en liña e presentar dita denuncia, en calqueira fiestra da administración ou estafeta de correos.

Soamente queda ser restricitivos para facer cumprir a lei. Considero inxusto que os hosteleiros que a cumpren perdan cartos, en perxuízo doutros que se pasan dita lei por aí abaixo, e a nosa saúde tamén (agóra que o penso).

Xa vos contarei como foi.