[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta Mundial-2006. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mundial-2006. Mostrar todas las entradas

20/6/06

Fútbol: España-Tunicia (3-1)

Unha cagada da defensa e a pouco se van os nosos sonos ao carallo!
Ou é que España se resquebraxa polo acontecido en Catalunya?.
Pois vai ser que Acebes tiña razón... ata Manolo o do bombo presaxia o pior e non esta por rrir do chiste do locutor -«Pánico en Túnez»-, non, se como humorista non tiña futuro, e queda ver si como locutor terá máis traballo... ata que marca Raúl; xa me imaxino os titulares do «Marca» mañán, "Tiña que ser él", agora nos castigarán coa súa selección para todos os partidos.

En fin victoria xusta grazas a Alá!

Anotación que ven do anterior aloxamento en  myblog.es  deste blogue.
 
 

15/6/06

Fútbol: España-Ucraína (4-0)

Gañamos o primeiro encontro (4-0), pero a pesares de que todos os comentaristas de TV, radio e supoño que mañan os xornais, dicindo que gran partido, que xogaron moi ben, bla bla, bla... a min non me satisfizo o xogo, para min que xogaron mal, si non fora polo resultado tocaríanos sofrer.

A por eles Oe!

Hans, o realizador do encontro, non parou de procurar tomas do público, sinal do que ocorría no campo non era moi interesante (grazas a Hans poidemos ollar o namorados que están Feli e Leti, un punkie cunha cresta vermella e gualda, como se fai o tsunami -esto non e meu, e o chiste do comentarista da Sexta, ou era de catro...-, Manolo o do bombo (cunha camiseta chea de lamparóns)...

Non sei si hai algunha estadística de cantas veces perderon o balón, ocasións falladas por Villa, diante da portería... en fin o único que se salva Puyol e o resultado.

Veña hai debate, Que opinades vos?

Anotación que ven do anterior aloxamento en  myblog.es  deste blogue.