[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta Folga-Xeral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Folga-Xeral. Mostrar todas las entradas

28/3/12

Porqué debemos ir á Folga Xeral

Porque esta reforma, que é un Golpe de Estado, acaba cos poucos dereitos laborais que tiñamos.

ABARATA E FACILITA O DESPEDIMENTO

Porque sen ter que demostrar nada, só con alegar diminución de ingresos ou previsión de perdas, aínda que teñan beneficios, as empresas poderán:

  • Despedir a un ou varios traballadores/as, novos ou antigos, con 20 días por ano traballado, máximo un ano de indemnización.
  • Despedir sen indemnización antes dun ano aos novos contratados nas empresas menores de 50 traballadores/as.
  • Despedir por máis dunha baixa que sume máis de 9 días en dous meses, ou mais de 21 días en catro meses,aínda que esteas hospitalizado ou padezas una enfermidade moi grave.


REDUCE SALARIOS E EMPEORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO

Porque con alegar diminución de ingresos, previsión de perdas, ou razóns de competitividade, as empresas poderán non aplicar o Convenio Colectivo, reducir os salarios ata o Salario mínimo (641 € ), modificar a xornada de traballo, máis ou menos horas segundo conveña, cambiar as funcións e o traballo que facemos, etc.

Tamén pode modificar individualmente todas estas condicións a cada traballador/a.

Porque permite que ata os 33 anos traballemos como aprendices cobrando 480 € /mes.

Porque dá un poder inmenso ás ETTs na contratación igual ao INEM, parecido ás Mutuas coa Seguridade Social, para chantaxear os traballadores/as.


NON CREA EMPREGO, DESTRÚEO

Porque creará mais paro ao facilitar e abaratar tanto o despedimento, e porque coa flexibilidade a empresa pode traballar máis horas con menos persoal.

Porque obriga a traballar gratis aos parados/as substituíndo o persoal contratado nas Administracións Públicas.


Este goberno do PP quere que todos e todas sexamos precarios. A reforma reducirá os nosos salarios e traballaremos máis horas. Non esquezas que tamén están reducíndonos todos os nosos dereitos na sanidade, no ensino, nas pensións, nas prestacións sociais...

Todo, para que os ricos sexan máis ricos, para a banca, para as grandes empresas multinacionais.

Empecemos a parar esta reforma parando o 29 de marzo!

Tedes máis información das manifestacións para o día da Folga na CIG


 

14/3/11

Eu non son parvo! E ti?

Facer unha entrada e botar en cara, aos demáis, os problemas que nos acontecen é doado, de feito poder ser ata catártico; os maiores de trinta —entre os que se atopa o que suscribe— denotamos nestes tempos de crise a indolenza da xente máis xove; e eu, nas miñas carnes prietas, atopeime ca situación (desagradable ata certo ponto), cando na pasada folga xeral ía de piquete informativo, e tiven que encararme cunha moza de non máis de 20 anos, polo que ela entendía o seu dereito a facer a súa vida normal, sen deparar nin siquera os motivos polo que estabamos alí, nun establecemento que se adican a tirar copias dos apuntes, libros ou calquera cousa que queras retratar en formato papel, para informar cales eran os motivos polos que se estaba a facer unha folga xeral.
Non tivemos oportunidade de dirixirnos a ela, porque principiou a berrar, co aldraxe de coartar a súa liberdade de facer unhas fotocopias; (non tiña outro momento para facelas, porque se supoñe que tería unha actividade social ou de traballo moi intensa).
O dono do establecemento decidiu pechar, non sabes a ciencia certa se as túas explicacións o convenceron, se o fai por certa solidaridade (obreira) ou ben, che persigue o «hooliganismo» practicando por outros.

Non fumos quen de explicarlle que precisamente os que lle estaban a falar (outro compañeiro máis eu), xa tiñan cotizados, por exemplo, o tempo necesario para percibir unha pensión nas actuais condicións, que si estabamos a loitar era precisamente por xente como ela (e ainda por rriba que che desconten 90 € ).

Preocupa moitísimo a banalización da sociedade no seu conxunto, de quedar a medias no análise dos problemas, de só leer por exemplo os titulares, e con eso semella de abondo para ter unha visión. Por exemplo, no asunto da privatización da caixa galega, entidade pública non o esquecemos que se quere limpar cos cartos públicos, é necesaria para fortalecer o tecido produtivo de Galiza. Nas redes sociais resulta tópico atopar algunha etiqueta para poñer un alcume a esta situación do tipo «que somos diferentes» (Galician is Different #GaliciaisDifferent) por mobilizarse por unha entidade financieira.


Video: YouTube.com [ . mp4 • 87'1 Mb] Subtitulos: Overstrem.net [ES] YouTube.com


En fin, cando só quede laiarse polo que non supimos conservar, quizais haxa reacción.
Por qué noutros países hai xeneracións que tratar de arranxar os problemas e aquí non? A verdade quizais a teña Deolinda, porque a xeneración que temos, non quere ser parte da solución ao problema, quizais ainda pro rriba nós boten a culpa pola situación, cando xa non tes máis argumentos por non poder dicirlos á cara. Sínto non poder expresarme en 140 caracteres; a banalización da sociedade reduce a simples etiquetas sen entrar no meollo da cuestión.

Cantos? ...desta xeneración se opoñen a Lei Sinde sen coñecer de que vai, Hai algo máis na campaña de Non os votes! (aparte da lei Sinde), Coñecemos realmente de que vai a reforma laboral aprobado polo goberno? E a que se está a preparar ca reforma da negociación colectiva?

Polo día 12 de marzo, a xeneración puteada de Portugal alzou a súa voz, foron quen de mobilizarse «principiou por unha convocatoria no Facebook» e foi capaz de traspasar aos feitos, dende a rede social; só falta que as sones de DEOLINDA, chegue co tremor necesario ao noso país, como unha cartarse necesaria contra a crise desta sociedade adurmilada. En Islandia, as caladiñas xa van polo correcto sendeiro.

26/1/11

Defente os teus dereitos o 27 de xaneiro. #FolgaXeral

É díficil verter os moitos motivos que se agolpan na miña testa, para de xeito pausado, enumerarche resumidos o por qué de ir a o 27 de xaneiro. Aparte de ter fresca a idea que me levou a secundar a de setembro, por esa receta liberal duns economistas pirómanos, onde para combatir o paro, a solución pasa con facilitar o despido; a nova reforma sobre as pensións, volta sobre a previsións catastrofista que se fan periódicamente, e que fallan de xeito estrepitoso, por eses gurús con salarios ao escote de Bancos e Organismos internacionais de dubidosa utilidade.

Non hai cartos para as pensións de mañan e sen embargo temos que facer un escote entre os traballadores deste país, para salvar as caixas de aforro (e os bancos antes), agora que semella evidente que o gobernador do Banco de España non fixo ben o seu traballo a pesares do seu alto salario.
A xubilación aos 67 anos quedaríase en anecdótica senón fose porque o cómputo para valorar a pensión que cobrarías mañán, aumenta de 15 anos a 20-25 na primeira proposta feita polo goberno, matizando despois que a idade de xubilación pode ser flexible, dependendo dos colectivos, pero teríase que mudar o cómputo, e xa se fala sen rubor de 35-41 anos, por parte dunha élite que precisamente non se ateñe as mesmas regras que propoñen para todos os demáis, para todos e todas nós.
E dicir, terías que traballar no pior dos casos, dende os 26 anos ata xubilarte -se atopas un traballo que che fagan fixo-, para ter dereito ao 100% da túa pensión.

É necesario a partipación de todos e todas, no único xeito que temos os traballadores e traballadoras, de facer escoitar a nosa voz, de defender os nosos dereitos. O acaso tendo conocemento de todo esto, prefires aldraxarte polo la lei do tabaco, ou dos controladores, ou a propia lei Sinde (con ser importante esto último importante), e deixar que outros fagan o traballo.

Folga Xeral
0 27 de xaneiro hai convocado unha en Galiza, Euskadi e Catalunya


Folga Xeral, ¡Huelga General!, Greve Geral!, Vaga General!, Greba Orokorra!, General Strike!