[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta La Jument. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La Jument. Mostrar todas las entradas

23/10/13

O fareiro Malgorne

© Jean Guichard - Faro de "La Jument"
© Jean Guichard - Faro de «La Jument»

Está é unha das fotos mais coñecidas de Jean Guichard coa que quedou finalista do World Press Photo (1989). O día no que tirou dita imaxe, un gran temporal asolaba a costa, e Jean Guichard achégouse co helicóptero da súa equipa ao faro La Jument, preto da illa de Ouessant.

O fareiro Theodore Malgorne estaba moi asustado ese día, xa que o temporal era dos peores que vira na súa vida, as ondas destrozaran as fiestras do primeiro andar e inundaran o soto. A situación, como podedes imaxinar, era moi perigosa e de feito, chamara a garda costeira para que o sacaran de alí. Ao escoitar o helicóptero do fotógrafo, pensou que eran os servizos de rescate e baixou correndo, abriu a porta do faro e a piques estivo de morrer asobaiado pola onda que rompía nese intre contra o faro.

Nese preciso instante en que Jean Guichard tirou a súa serie mais famosa de fotografías e o fareiro Malgorne, por puro instinto, voltou a meterse dentro, co que salvou a súa vida.

A illa de Ouessant, no nordés de Francia, é unha zona escarpada e moi perigosa, con mal tempo durante case todo o ano. En xuño de 1986 o naufraxio do barco a vapor «Castelo de Drummond» provocou a morte de preto 250 persoas. Para facer unha navegación máis segura se construiu o faro «La Jument» en 1904, sobre unha rocha do mesmo nome, a 300 metros da illa.

 

 Publicación programada tamén no blogue do Café Druida (Ourense)