[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta excusas-xurado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excusas-xurado. Mostrar todas las entradas

3/11/10

Excusas para ser xurado

As Audiencias Provinciais celebraron a finais de setembro, principios de outubro, o sorteo —fáino cada 2 anos, coinciden nos anos pares— para formar parte dun xurado popular.
Había un prazo de 7 días a partires da data do sorteo para reclamar contra o mesmo, antes do 15 outubro dánse a coñecer a súa resolución —que non é susceptible de recurso— e a finais de outubro sae o listaxe definitivo, que se remite aos concellos e publicase no Boletín Oficial da provincia (polo que non vale negarse a recibir a notificación) e notificase, aos agraciados(as) por correo, onde teñen 15 días para presentar algunha alegación que estudará o xuíz decano.

A Lei di que como sexas español, maior de edade, saber ler e escribir, estés empadronado na comunidade e non teñas impedimento físico, psíquico ou sensorialmente tes moitas papeletas, agás os "exentos" de pringar nestas lides; a saber, a Familia Real, os(as) políticos(as), as forzas de seguridade, funcionarios(as) de instituciones penitenciarias e avogados(as), os condeados(as) ou acusados(as) dun delito; tamén poden verse liberados os estudantes que teñan que ver ca xustiza.

Normalmente aos maiores de 65 años se lles excusa, pero cando se enteran de que as dietas son maiores que as pensións que perciben (actualmente 90 Euros máis o mantenemnto), ofrécense voluntarios(as).

Un xurado popular máis non pode xulgar calquera tipo de delito, polo que lle tocará asistir aos xuízos de asasinato, homicidio, os cometidos por funcionarios públicos (malversación de caudais públicos), delitos contra o honor (calumnias e inxurias), incendios forestais... O seu veredicto é de culpabilidade o non culpabilidade, pero non poden declarar a inocencia de ninguén.

Así que podes ser un deses(as) agraciados(as), e non che desconta puntos si fuches xa de pringado a unha mesa electoral, (non podo eu falar moi alto, porque a min tocoúme xa 3 veces).
Ben é certo que moitos dos que saen escollidos non poñen impedimento, pero 1 de cada 5, alegan todo tipo de excusas, con base ou sin ela.

— «Non sei ler nin escribir» namentras lle entrega o DNI cunha rúbrica perfecta.
— «E logo ésta é a súa sinatura?» Pregunta o funcionario.
— «Eeee, é que aprendina a debuxala».

As veces ter fillos pequenos exime a participación no xurado.
— Teño importantes cargas familiares.
— Pero os seus fillos non están na universidade?...
— Eeeiii...

— Desempeño un traballo de relevante interés.
— Ah si! cal é o seu traballo?
— son propietario dunha froitería.

Son obxector de conciencia do sistema do xurado, dame medo, xa cobran dabondo os xuíces e son eles quenes teñen que facelo e un largo etcétera.

O caso que lle tocou a un familiar que xa revolucionou a media familia, para atopar motivos para non ir; a xustificación é que sendo autónomo suponlle un trastorno maior que a un asalariado.
Nesa procura de excusas estamos, para tratar de escaquealo, tedes vos algunha suxerencia máis verosimil que as atopadas.