[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta mobilización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mobilización. Mostrar todas las entradas

14/3/11

Eu non son parvo! E ti?

Facer unha entrada e botar en cara, aos demáis, os problemas que nos acontecen é doado, de feito poder ser ata catártico; os maiores de trinta —entre os que se atopa o que suscribe— denotamos nestes tempos de crise a indolenza da xente máis xove; e eu, nas miñas carnes prietas, atopeime ca situación (desagradable ata certo ponto), cando na pasada folga xeral ía de piquete informativo, e tiven que encararme cunha moza de non máis de 20 anos, polo que ela entendía o seu dereito a facer a súa vida normal, sen deparar nin siquera os motivos polo que estabamos alí, nun establecemento que se adican a tirar copias dos apuntes, libros ou calquera cousa que queras retratar en formato papel, para informar cales eran os motivos polos que se estaba a facer unha folga xeral.
Non tivemos oportunidade de dirixirnos a ela, porque principiou a berrar, co aldraxe de coartar a súa liberdade de facer unhas fotocopias; (non tiña outro momento para facelas, porque se supoñe que tería unha actividade social ou de traballo moi intensa).
O dono do establecemento decidiu pechar, non sabes a ciencia certa se as túas explicacións o convenceron, se o fai por certa solidaridade (obreira) ou ben, che persigue o «hooliganismo» practicando por outros.

Non fumos quen de explicarlle que precisamente os que lle estaban a falar (outro compañeiro máis eu), xa tiñan cotizados, por exemplo, o tempo necesario para percibir unha pensión nas actuais condicións, que si estabamos a loitar era precisamente por xente como ela (e ainda por rriba que che desconten 90 € ).

Preocupa moitísimo a banalización da sociedade no seu conxunto, de quedar a medias no análise dos problemas, de só leer por exemplo os titulares, e con eso semella de abondo para ter unha visión. Por exemplo, no asunto da privatización da caixa galega, entidade pública non o esquecemos que se quere limpar cos cartos públicos, é necesaria para fortalecer o tecido produtivo de Galiza. Nas redes sociais resulta tópico atopar algunha etiqueta para poñer un alcume a esta situación do tipo «que somos diferentes» (Galician is Different #GaliciaisDifferent) por mobilizarse por unha entidade financieira.


Video: YouTube.com [ . mp4 • 87'1 Mb] Subtitulos: Overstrem.net [ES] YouTube.com


En fin, cando só quede laiarse polo que non supimos conservar, quizais haxa reacción.
Por qué noutros países hai xeneracións que tratar de arranxar os problemas e aquí non? A verdade quizais a teña Deolinda, porque a xeneración que temos, non quere ser parte da solución ao problema, quizais ainda pro rriba nós boten a culpa pola situación, cando xa non tes máis argumentos por non poder dicirlos á cara. Sínto non poder expresarme en 140 caracteres; a banalización da sociedade reduce a simples etiquetas sen entrar no meollo da cuestión.

Cantos? ...desta xeneración se opoñen a Lei Sinde sen coñecer de que vai, Hai algo máis na campaña de Non os votes! (aparte da lei Sinde), Coñecemos realmente de que vai a reforma laboral aprobado polo goberno? E a que se está a preparar ca reforma da negociación colectiva?

Polo día 12 de marzo, a xeneración puteada de Portugal alzou a súa voz, foron quen de mobilizarse «principiou por unha convocatoria no Facebook» e foi capaz de traspasar aos feitos, dende a rede social; só falta que as sones de DEOLINDA, chegue co tremor necesario ao noso país, como unha cartarse necesaria contra a crise desta sociedade adurmilada. En Islandia, as caladiñas xa van polo correcto sendeiro.

10/3/09

En memoria de Daniel e Amador

"É posible que non veña a comer"
Tal debeu ser a consigna tanto de Daniel Niebla coma de Amador Rey para tal día como hoxe.
Coincide que tamén por aquel tempo, eran tempos duros, a reconversión naval, que ceboúse especialmente na seguinte década, dos oitenta na bisbarra ferrolana, vivía pola daquela con maior intensidade no ano 72 pola crise enerxética, un anticipo de anguria do que pasaría despois.
Naquel tempo final da dictadura Franquista, a disolución das manifestacións contrarias ao xeito de entender a lei e a orde establecida resolvíanse a tiros, pola lei do máis forte remataba a protesta.
Asi hoxe non estamos para celebrar nada (nin mañan 11 de Marzo tampouco), para lembrar talvez, e non repetir ditas angurias;
Fai doce anos que o parlamento Galego declarou oficialmente hoxe o día da .

 concentración da CIG na Coruña, diante do BBVA
Concentración da CIG diante do BBVA do Cantón Pequeno, na Coruña [10/03/2009]