A #retranca de Alfonso-Alfonso Tellado no programa de @Buenafuente
Transcripción e subtitulos: ND
Que un humorista como Andreu Buenafuente non teña por onde saírlle a un entrevistado é ben difícil. Que sexa un convidado do público o que o poña en apuros e incluso o deixe sen palabras, é un mérito. O pasado martes 22 de febreiro logrouno un galego que namorou ao último presentador da gala dos Goya.
Porque o nome de Alfonso Tellado, así se chama o protagonista, foi onte un dos máis repetidos nas redes sociais. O vídeo das súas inxeniosas intervencións no programa da Sexta é hoxe aínda un dos máis vistos. «Este gallego es un crack», chegou a dicir Buenafuente, así como os seus convidados.
Tanto lle gustou ao presentador a retranca deste home que o convidou a regresar ao programa para ser entrevistado. E volverá. Tellado non só fixo rir a Buenafuente cos seus comentarios, senón que incluso logrou deixalo en fóra de xogo coas súas respostas en varios momentos do programa.
“¿Es ustes nacionalista Alfonso?”. “Soy gallego, y eso ya...”, respondeu o convidado entre as risas do público. Foi só unha das saídas máis ocorrentes de Tellado, residente en BouzaMaior (San Sadurniño), xa xubilado e destacado sindicalista da CIG, onde foi secretario nacional de Negociación Colectiva e Saúde Laboral.
Autora do texto: Cris Moss
Fonte: Xornal
Medio: ElTerrat.com para laSextaTV
Video: YouTube [42 Mb]
Encurta:
http://ir.gl/retrancaBNF