[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
Mostrando entradas con la etiqueta Bertold-Brecht. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bertold-Brecht. Mostrar todas las entradas

10/10/10

Precísanse imprescindibles

Hai homes que loitan un día e son bos;
outros loitan un ano e son mellores;
hai os que loitan moitos anos e son moi bos;
pero están os que loitan toda a vida,
e eses son os imprescindibles

Bertolt Brecht

23/1/09

En contra da indiferenza dalgúns, ti actúa!

Nestos tempos de crise, que termina pagando sempre son os traballadores e como poida que me toque a min ou a ti, quen sabe, conven lembrar ao poeta (1892-†1984), este paragráfo que popularizou adatapdo ao tempo que lle tocou vivir; seguramente xa o coñecedes, dice así:

Cando os nazis viñeron buscar aos comunistas,
gardei silencio,
porque eu non era comunista,

Cando encarceraron aos socialdemócratas,
gardei silencio,
porque eu non era socialdemócrata,

Cando viñeron buscar aos sindicalistas,
non protestei,
porque eu non era sindicalista,

Cando viñeron buscar aos xudeus,
non protestei,
porque eu non era xudeu,

Cando viñeron buscarme a min,
non había ninguén máis que puidese protestar.


Compañeiros/as aplicadevos o conto, porque seguro que nalgún momento da túa vida terás que lembralo e adaptalo ás túas/vosas circustancias.