[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

20/10/10

O Gran Entroido

A historia dos mineiros atrapados xa ten película. Ten localización e nomes diferentes, pero é idéntico o argumento. O lugar, «A Gran Montaña dos Sete Buitres» semellase a localización do cono sur de América, nunha imaxinada vila de Escudero —un pobo perdido no estado de Novo México— preto de Albuquerque (en Estados Unidos); Charles Chuck Tatum non é un veterano piloto de coches conocido nese país, senón que pode apresentar aos milleiros de xornalistas anónimos, que agardan quitarse uns poucos euros, dólares ou pesos de sobresoldo, e engordar a tirada dos xornais, elevar a audiencia dos seus medios: xa se sabe que a máis audiencia, máis ingresos por publicidade e hai moitas familia tipo Federber, ansiosas de "consumir" este tipo de historias.
Lorraine non ten como competencia a unha muller, a amante —que espera ao seu home atrapado—, ainda que si pensa quizais en abandonalo.

Sebastián, Gus, Piñeira ou Kretzer que máis da como sexa o seu nome, soñan con estreitar a man do(s) soterrado(s) e dar un gran discurso que poida asegurar a súa reelección.

Fotograma da película «O Gran Entroido»
Fotograma da película de Billy Wilder «O Gran Entroido». © Paramount Pictures
 

A historia xa foi escrita na década dos cincoenta polo xenial Billy Wilder e fracasou comercialmente, ainda a pesares de ser unhas das mellores do cineasta polaco; a xente nese tempo pensaba que os xornalistas eran xente moi honesta, ou tamén quizais, por ser un retrato certeiro e caústico da sociedade, a que se recrea no vouierismo da desgraza alléa, a insebilidade, a ambición, a ansia de protagonismo e o poder, da traizón... demasiados aspectos negativos da nosa alma como para reconocelos diante dese reflexo, dese paralelismo moral que se recolle no interior dunha mina, escura e decadente como o noso interior.
Che incomodaría poñerte diante dese espello?, proba a ver «O gran Entroido» (The Big Carnival) — en EE.UU tiña o titulo de Ace in the Hole (As na Manga) —

Comparte a película: Corso [formato .rmvb — 472'06 Mb. *VD Lingua: ES]
 

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.