[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

31/10/10

Ligazóns do mes (novembro 2010)

De cara ao nadal, estás tendas outlet de informática che poden ir de maravilla para estes tempos de crise



Vende equipos reparados e por lei teñen unha garantía de 6 meses

Ligazóns do mes (outubro 2010)

Velaquí as ligazóns máis interesantes atopados no derradeiro mes:

Música ao vivo principalmente, de artistas e concertos clásicos, de balde e en Streaming, no sitio de wolfgangsvault.com

Agora que si queres facer ti por medio da túa webcam e espallalo polo mundo, poder utilizar os servizos de streaming de twitcam.livestream.com. Tes que ter unha conta en Twitter, ainda que non probei se tamén é válido para o servizo en galego de latri.ca que comparten o mesmo código, Cabozo.com fixo que son código bravú.

Se queres compartir a túa creatividade, o sitio de skemboo.com está pensado para eso, para espallar as túas creacións e dalas a coñecer, entre deseñadores, artistas gráficos...etc.

Agardamos que atopedes algo interesante.

22/10/10

Fillos do Océano

Javier Teniente é un fotográfo vigués, que se presupón que como galego xa coñece o esforzo ostinado da xente do mar; as súas virtudes e tamén dos seus defectos, non só en Galicia en particular, senón precisamente a partires dunha reportaxe sobre os mariñeiros galegos (2001), principiou o derradeiro proxecto que ten entre súas mans e que por nome ten o titulo desta entrada.

A dramáticas esceas da pesca dos túnidos en Barbate, a espectacular varredoura (xávega) en Portugal, a procura do bacallau nas illas Lafoten (Noruega), a caza de baleas en Indonesia, de crustáceos nas profundidades marinas da costa dos Mosquitos (Nicaragua)...  Amosa no seu traballo pesca artesanal e de subsistencia en perigo de desaparecer polo imparable proceso industrial, unha homenxe a esa xente que aman e veneran o mar, e obteñen o preciso para vivir.

Tamén é unha chamada de atención para consevación do ecosistema, do saber -grazas a tradición oral-, e un respecto non só a un mesmo, ao propio medio preservando un desenvolvemento sostíbel, con colleitas anuais, para non esgotar os seus recursos naturais.
Centro Social Caixanova en Compostela
Centro Social de Caixanova en Compostela, praza de Cervantes.
Foto: © Obra Social Caixanova
 
Podedes ollar dita exposición en Compostela —de balde— ata o 24 de Outubro 2010, no Centro Social de Caixanova, Pz. de Cervantes  17.
Horario (CEST):
de luns a venres, de 1821:30 h, sábados, domingos e festivos, de 1114 h. e de 1821:30 h.

En Vigo, de 1—5 (ver Tarifas), no Museo do Mar de Galicia, Av. da Atlántida 160, entre o 5 de novembro 2010 ao 9 de xaneiro 2011.
Horario (CET):
de martes a venres, de 1014 h, sábados, domingos e festivos, de 1119 h.

20/10/10

O Gran Entroido

A historia dos mineiros atrapados xa ten película. Ten localización e nomes diferentes, pero é idéntico o argumento. O lugar, «A Gran Montaña dos Sete Buitres» semellase a localización do cono sur de América, nunha imaxinada vila de Escudero —un pobo perdido no estado de Novo México— preto de Albuquerque (en Estados Unidos); Charles Chuck Tatum non é un veterano piloto de coches conocido nese país, senón que pode apresentar aos milleiros de xornalistas anónimos, que agardan quitarse uns poucos euros, dólares ou pesos de sobresoldo, e engordar a tirada dos xornais, elevar a audiencia dos seus medios: xa se sabe que a máis audiencia, máis ingresos por publicidade e hai moitas familia tipo Federber, ansiosas de "consumir" este tipo de historias.
Lorraine non ten como competencia a unha muller, a amante —que espera ao seu home atrapado—, ainda que si pensa quizais en abandonalo.

Sebastián, Gus, Piñeira ou Kretzer que máis da como sexa o seu nome, soñan con estreitar a man do(s) soterrado(s) e dar un gran discurso que poida asegurar a súa reelección.

Fotograma da película «O Gran Entroido»
Fotograma da película de Billy Wilder «O Gran Entroido». © Paramount Pictures
 

A historia xa foi escrita na década dos cincoenta polo xenial Billy Wilder e fracasou comercialmente, ainda a pesares de ser unhas das mellores do cineasta polaco; a xente nese tempo pensaba que os xornalistas eran xente moi honesta, ou tamén quizais, por ser un retrato certeiro e caústico da sociedade, a que se recrea no vouierismo da desgraza alléa, a insebilidade, a ambición, a ansia de protagonismo e o poder, da traizón... demasiados aspectos negativos da nosa alma como para reconocelos diante dese reflexo, dese paralelismo moral que se recolle no interior dunha mina, escura e decadente como o noso interior.
Che incomodaría poñerte diante dese espello?, proba a ver «O gran Entroido» (The Big Carnival) — en EE.UU tiña o titulo de Ace in the Hole (As na Manga) —

Comparte a película: Corso [formato .rmvb — 472'06 Mb. *VD Lingua: ES]
 

10/10/10

Precísanse imprescindibles

Hai homes que loitan un día e son bos;
outros loitan un ano e son mellores;
hai os que loitan moitos anos e son moi bos;
pero están os que loitan toda a vida,
e eses son os imprescindibles

Bertolt Brecht

3/10/10

Xeneralidades de Salvador de Bahía e Brasil

Folla de viaxe núm. 4

Aqui a xente, ten sempre un pulgar levantado, en signal de Ok, case nunca pitan cando conducen, e só tes que pedir licenza e delvolver a xeito de obrigado, o pulgar levantado. Este aceno, resume o sentimento positivo que dan en xeral os bahíanos, son alegres e educados, e non atosigan oa turista, como noutros sitios turísticos do planeta.

A comida está ben, tan só tes que ter coidado coa auga, igual que en Marrocos (en árabe: المغرب), porque apenas existen depuradoras, e por iso as praias de bahía, no son aconsellable o baño. A vida subiu bastante, desde a última vez que estivo Raquel e Sito, e o troco actual, é apenas dividir por dous o prezo en reais. Ainda así podes comer con 5 euros e beber cervexa augada e xelada por menos dun euro (iso, senon ten ven tropezar ao entrar... porque tamén hai sitios caros).
A seguridade é relativa, quere dicir, debes evitar algunha zonas pola noite, pero de momento non tivemos nengún problema.

Ao anoitecer, dependendo das excursión, xúntamonos no noso hotel, e como a xente é moi agradable e simpática, bebemos unhas cantas -brebaxe de sobra conñecido- e que aqui só beben os turistas. (A eles gostalles máis unha especie de augardente), e compartimos conversa cos camareiros(as), risas e confidencias. (estan moi ledos con que España gañara o Mundial, e aos arxentinos, non son ... ben, case igual que en España)

O noso hotel, sirve tamén de lanzadeira, para sair ou consultar a caixa do correo, porque no Vila Galé, —o de Sito e Raquel— a internet vai peor que no noso.

Agora mesmo, están en eleccións, e semella que se volta a presentar. Non é así, pero sae en todas fotos con , a candidata do goberno. En xeral non se ve publicidade de partidos, só dous candidatos, acompañados dun número, que como supoñemos que hai un montón, no colexio electoral tes que marcar os números dunha tarxeta; Hai certa polémica, porque nestes días estase a celebrar o festival de cinema de Río de Janeiro, e alí xúntouse a comisión cinematográfica, para decidir que a película sobre a vida de Lula, é a candidata aos Oscar, representado a .

Neste pintoresco panorama, que imos coñecendo, descubrimos que non se nos poden dar un plano da cidade e do estado, porque sae o símbolo do goberno, e iso esta proíbido pola Lei electoral. (Así que xa vos imaxinades como é o noso deambular, mais non é moi penoso, porque se preguntas, chegas a case todos os sitios... incluso ao fin, por hoxe, desta crónica)

2/10/10

A Chapada Diamantina e as praias do Coco

Folla de viaxe núm.. 3
Decidimos, alugar un coche entre os catro, e como tiña unha recomendación para visitar o parque Nacional da , ala fumos.

Imaxe do Parque Nacional da Chapada Diamantina
Parque Nacional da Chapada Diamantina
Dicir en primeiro lugar, que vaias a onde vaias, sempre vas a atopar un atasco que pode ser unha hora ou dous, —si te confundes— ...Os brasileiros non conducen mal, (comparados cos rumanos ou marroquíes) pero adoitan conducir moi agresivamente, ou sexa, que tes que estar moi atento aos cambios de faixa -ou carril-. A distancia que temos que percorrer é de case 500 kms., e as estradas non axudan. (Á volta un simple accidente de nada provou kms. de retención). Cando chegas ao destino, atopas unha pequena vila () moi coqueta e colonial de pranta baixa. Todo o pobo, ou case, vive do turismo de montaña.

Así que decidimos contratar un guía, porque estábamos avisados, que os sendeiros non estan sinalizados. Luciano (o guía) xa nos avisa que 1 día non chega a nada, e que deberíamos estar polo menos tres ou catro días. Lamentablemente, os únicos que íamos co ánimo, eramos só Sito e eu. Asi, unha pequena excursión, baños nas pozas, e volta.

Ao día seguinte, a pesar do cansanzo decidimos, tirar para a costa dos cocos, así chamada polos idílicos skyline de areira, cocos, chiringuito desartalado, mal pintado con cores chillóns e cervexa a esgalla (Iso din que é a Skol). Aqui podes visitar ( a minha preferida), praia forte,...


Preto de Arembepe, hai un poboado hippie, onde din que viviu alá polos 60-70, e . A paisaxe é brutalmente virxe e fermosa. As ondas en consoancia, non permiten un baño placentero, pero polo menos están limpas. No poboado descubrimos a Luis, un Lugareño, moi amable que nos ofrece ver a súa casa, e un pouco de conversa.

Hoxe dous días despois, cun pouco de saudade, porque Sito e Raquel marcharon na procura dos seus destinos en Brasil, estou aposentado no hotel cunha pequena diarrea, froito —supoño— da auga coa que limparon a ensalada e os legumes que acompanãron un saboroso peixe, semellante ao robalo «Dicentrarchus labrax» (Por certo, aqui son espectaculares en sabor e tamaño), baixo unha palmeira ao borde dunha praia semideserta;