Como a Tere dalle pánico voar, mercou unha botella de whisky na tenda do aeroporto. Dentro do avión combinamos con Sito e Raquel —a parella— para facer botellón nos asentos libres que dispusemos con certa avaricia e rapiña. (Con 11 horas de viaxe, e tendo en conta que xa sabíamos que o Airbus ten unha fila de catro asentos centrais, collimos uns que non nos correspondían coa esperanza que ninguén os tiña, e así poder durmir algo tirados entre os asentos).
Nesa media hora de Lanchonetes improvisados (Dise lanchonetes no Brasil, ao Snack Bar), Sito - ou Luis - díxonos que ía, coa idea de tirar tres meses, e mirar de montar algo coa súa parella. A razón principal, que o movía ante tamaña mudanza, era un dos principios que preconiza Carlos Taibo, aínda que él non o mencionaba con tanta exactitude. Vivir decrecendo, ou mellor dito, vivir mellor, traballando menos, aínda que se gañe menos.[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta as seguintes pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.