.xml
comprimido (Microsoft OpenXML) -que podes incluso descomprimir con calquera programa descompresor do formato .zip
por exemplo- igual que os de OpenOffice.Tes a posibilidade de baixarte un paquete de compatibilidade (que pesa 38 Mb) dende o centro de descargas de Microsoft® dispoñible śo polo momento para Windows.®
Tamén podes abrilos con OpenOffice (a suite ofimática de balde de Sun Microsystems®), dispoñible para os principais sistemas operativos e facer a continuación a conversión no formato que desexes, ainda que si tes unha versión antigua de dita suite non menor da primeira versión, precisas dunha extensión fornecida por Novell,® que para poder baixala, precisas rexistrarte (de balde polo momento) para ter a derradeira versión, ou descargala directamente a que eu probei [4,5 Mb — Informe do análise en liña no sitio de VirusTotal.com e Hash de comprobación do arquivo].
Tamén no sitio de Katana.oooninja.com tes tamén as intrucciones para instalala e descargala extensión de balde.
Outro xeito, é procurar un sitio en liña (dos chamados servizos da nube, en inglés 'Cloud Computing'); neste caso tes o sitio docx-converter.com, que fai un excelente traballo, servizo de balde e sen limitacións polo momento e ten dispoñible un widget para os(as) usuarios(as) de Apple.® Os sitios de zamzar.com (que tamén sirve para convertir outros múltiples arquivos) e docx2doc.com tamén fan dito cometido, pero algo lento para as versión de balde.
Si só queres ter a posibilidade de velo documento, tes o sitio de scribd.com que che permite (tamén de balde), subir ditos documentos e incluso ter a posibilidade de incrustalo nunha páxina web ou blogue.
Outro xeito sería convertir dito documento a un formato compatible de texto, como pode ser
.rtf
, e precisamente para o sistema operativo Windows® hai un programa de balde (Freeware), portable ademáis, feito por Jack Lewis chamado NW Docx File Converter que ademáis pode convertir tamén o formato de OpenOffice e sen necesidade de contar con calquera suite ofimática, lixeiro e funciona con Wine nos sistemas basados en UNIX®; [2 Mb — Informe do análise en liña no sitio de VirusTotal.com e Hash de comprobación do arquivo].E moi difícil que non teñas ningún programa que poida interpretar dito formato, pero por si acaso a solución, de balde por suposto, a tes no lector multiplataforma Antiword, toda unha declaración de principios.
E para rematar, si queres convertir na suite de Microsoft® ao formato de OpenOffice.org, tes para Windows® o seguinte plugin desenvolvido por Sun Microsystems®, de balde *ata ser absorvida por Oracle® que agora esixe un pago de 90 dólares ao menos.
*Correxido
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta as seguintes pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.