[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

5/7/09

Vacacións

Esto os escribimos no seu día...

Queridos amigo(a)s, vemonos na obriga de parar uns días para facer trocos no deseño do blog, rematar de mudar os contidos que tiñamos en myblog e as imaxes de geocities.com, que senón o sabedes, pechan a finais de ano.
Estes trocos queríamos facelos con entradas programadas, pero eso implica dilatar o proceso, e desexamos rematar cando antes cas mudanzas.

É polo que perante uns días non vamos actualizar ningún contido, non pechamos os comentarios, de feito deixamolos abertos sen control algún e algunhas opcións dispoñibles poideran non estalo, polo que os pedimos desculpas por elo; centramonos, todo o colectivo na mudanza e agardamos borrar esta entrada, eso significa que xa estamos de volta e a punto e con novo vestiario.

Esperamos non demorarnos non máis de vinte—trinta días, si todo vai ben, eso ao menos o esperamos.


Hai que dicir, que traballamos perante un tempo, de feito tiñamos entradas programadas que agora verán a luz, ainda a pesares, de que perdese a seu vigor, ben pola actualidade dos feitos que foron consumidos, segundo pasaron os días, como unha certa bitacóra do tempo sen conexión co mundo actual.

E parafraseando ao xenial alcalde creado por un dos mellores directores de cine patrio, "...como alcalde voso que son, os debo unha explicación, e esa explicación vouno a dar..."

A tarefa de conservación e traslado das imaxes aloxadas en Geocities foi rematada con éxito, só falta subilas á conta de Picassa, que segundo a vamos etiquetando, dotandola de descricións para as persoas invidentes, as veredes de novo no blogue.
O traslado das entradas e actualización, xa de paso, dos servidores de myblog.es, vai moi lenta, debido en gran parte, ao servizo moi deficiente deste, que a meirande parte temos problemas para acceder. Foi un acerto fuxir deles e myblog, sigue a ser unha P... m...(Piiiii!).

O novo vestiario xa o tiñamos armado, probado e nestas... o ordenador onde tiñamos as probas, código, abandonóunos; e o que pior sen unha copia de seguridade.

Despois desto, comprenderedes a melancolía que nos invadiu, despois dun traballo considerable, que temos que voltar a principiar.
Esta correción que vedes, estoúna a escribir dende un ordenador pequeno, que ben pensados estan para conectarse a internet, atender os correos e pouco máis.
O colectivo, a maior fortaleza ata estos momentos, framentoúse, por diversos motivos; non hai mal rollo, estade tranquilos, pero neste tempo de crise, o traballo reinvincativo no sindicato, no traballo de cada un de nos -si xa vedes que o blogue non da para vivir- pois, se cadra pode ralentizar a entrada diario e coidado que require o noso blogue; os outros colectivos que nos colaboramos, obliganos a dividirnos exponencialmente.

Con esto, dicir que estamos aquí e que seguimos, ainda que non como nos propoñíamos ledos non fai moito tempo, ao fin e cabo, foran unhas vacacións bastante longas.

2 comentarios:

  1. Pois que sexa para ben. Por certo, onte tiñades outro deseño, quedaba ben!

    ResponderEliminar
  2. Engadir ao listaxe negra de anunciantes a:

    MyWebTattoo.com
    www.CI-PruebaEuropea.com
    www.RecargarSaldoMovil.com

    ResponderEliminar

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.