[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

13/1/09

Momentos míticos da Televisión

Tiña pensado espallar neste espazo, unha crítica feroz contra a televisión reinante neste país; pero máis dun, con razón daría ca solución: apagar o aparello. Soamentes dicir, que uns dos piores programas feitos ata agora, tivo a horna do seu zapato na voz dunha nai, que criticaba a política das televisións con encher os seus petos a costa do televidente, moitas veces adolescentes, e no caso que lle tocaba -os seus fillos- para timalos con mensaxes SMS e chamadas a teléfonos 906 ou 905.
O programa foi o que estrenaba antena 3 o sábado 11 xaneiro 2008, RICO AO INSTANTE.
Podedes ver a escena que che comento en YOU TUBE.
De seguido deume por pensar, que namentras hai executivos de TV, xornalistas ou editores, que non comprende INTERNET, non lle atopan explicación ao aumento de consumo en INTERNET, que en moitas sitios, sobrepasa ao consumo de TV.
Aparte de disquisicións de tipo Filosófico, a meirande parte que utiliza internet, atopa máis liberdade para escoller os contidos que precisa en cada momento. Hoxe podo ter un día bohemio e escoitar música por un tubo, atopar lecturas interesantes (por exemplo marcus.es) ou, perderme en YOU TUBE, vendo videos dos meus colegas.
Tamén podo ver momento míticos da TV, con programas decentes e outros non tanto; é o que ten INTERNET.
Non teño nada contra a TV, ao contrario, son consumidor, pero esixo que non me TIMEN, que me respecten, que me ensinen, que me entreteñan tamén...
Hai unha escolma de bos programas, velaquí algún deses momentos míticos da TV. Espero que disfrutedes, como eu... e se estas a ver esto, é que non estas vendo a TV.

SEI O QUE FIXECHE





DATE AO BOTE (extracto SEI O QUE FIXECHE)



QUERE SER MILLONARIO?



50 X 15



O INFORMAL



BUENAFUENTE





HUMOR PATRIO (ca entradilla da mítica serie MAGNUM)



SOMOS UNHA POTENZIA




E PARA BOTAR UNHAS RISAS...




O vindeiro días, máis E MELLOR.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.