[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

24/10/13

Faite cidadán do Ártico! Axuda ao planeta.

O Ártico derritese e dél depende en boa parte o noso futuro, o futuro e o clima do noso planeta. Por eso, a razón polo que a organización Greenpeace pide que se declare santuario protexido ao polo norte, é xusto, pois na medida que acadaron fai 20 anos na Antártida, o camiño para conseguilo nunca será un camiño de rosas, é duro, polos intereses económicos creados baixo o xeo.



A tripulacións do buque de Greenpeace «Arctic Sunrise»


Así, desde o 20 de setembro toda a tripulación do mítico barco de Greenpeace «Arctic Sunrise» está no cárcere en Rusia, por ter realizado unha acción pacífica para pedir pola protección do Ártico; quizais o feito que na Rusia de Putin, metan a alguen na cárcere por loitar polo medio ambiente ou polos dereitos humanos non é sorprendente, pero si que o é, que 30 persoas arrisquen defender o Ártico, ainda a pesares de coñecer que poideran acabar con os seus osos entre rexas; porén agora precisan da nosa axuda, a organización necesita facer unha campaña global, que intercedas por eles, para que se decate o goberno Ruso que non están sós! agora é momento, que os apoies e asines a petición, e que difundas esta campaña global.




Salvemos o Ártico!
Campaña mundial #FreeTheArctic30


É urxente! Non te quedes de brazos cruzados, esixe ao Embaixador Ruso do noso país que interceda pola liberación de todas/os detidos, e que non permita que as petroleiras destrúan o Ártico, asina e difunde a campaña, está na túa man, nos teus dedos, a golpe de rato, é ben doado!

 

23/10/13

O fareiro Malgorne

© Jean Guichard - Faro de "La Jument"
© Jean Guichard - Faro de «La Jument»

Está é unha das fotos mais coñecidas de Jean Guichard coa que quedou finalista do World Press Photo (1989). O día no que tirou dita imaxe, un gran temporal asolaba a costa, e Jean Guichard achégouse co helicóptero da súa equipa ao faro La Jument, preto da illa de Ouessant.

O fareiro Theodore Malgorne estaba moi asustado ese día, xa que o temporal era dos peores que vira na súa vida, as ondas destrozaran as fiestras do primeiro andar e inundaran o soto. A situación, como podedes imaxinar, era moi perigosa e de feito, chamara a garda costeira para que o sacaran de alí. Ao escoitar o helicóptero do fotógrafo, pensou que eran os servizos de rescate e baixou correndo, abriu a porta do faro e a piques estivo de morrer asobaiado pola onda que rompía nese intre contra o faro.

Nese preciso instante en que Jean Guichard tirou a súa serie mais famosa de fotografías e o fareiro Malgorne, por puro instinto, voltou a meterse dentro, co que salvou a súa vida.

A illa de Ouessant, no nordés de Francia, é unha zona escarpada e moi perigosa, con mal tempo durante case todo o ano. En xuño de 1986 o naufraxio do barco a vapor «Castelo de Drummond» provocou a morte de preto 250 persoas. Para facer unha navegación máis segura se construiu o faro «La Jument» en 1904, sobre unha rocha do mesmo nome, a 300 metros da illa.

 

 Publicación programada tamén no blogue do Café Druida (Ourense)

22/10/13

Unha nova xeira

Despois de moito tempo, é díficil voltar, ofrecer novas cousas despois de tanto tempo pero intentáremolo, non podemos comprometernos sobre a periocidade, pois esto ao fin e o cabo, quere ser un pasatempo, un blogue onde rexistrar as nosas inquedanzas e angurias, tamén pode ser o refugallo das nosas miserias… o que sexa xa o imos decidindo, agardamos que nos acompañedes, ainda que non os botárades de menos, nós a vós, un pouquiño.