[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

30/4/09

Ligazón do mes (abril 2009)

As reclamacións ás compañías de telefonía móbil, son de feito as que máis denuncias acumulan -co aquinesencia do gobernos autonómicos en xeral e estatal- en consumo, e nesta páxina, Alex che poden orientar como presentar unha reclamación, experimentando en carne propia -como se soe dicir- polo que, fala con conocemento de causa...

yoigers.es

Uns trucos para as contas de correo de Gmail, a ter en conta en...

limitenet.com

Editar un video de YouTube, dende un minuto o segundo determinado a outro, ideal para amosar soamente ese espazo de tempo que che interesa en...

splicd.com

Todolos procesos de Windows, para investigar si tes algún troaino o software publicitario ou procuralos comandos...

trucoswindows.net

para o vindeiro mes máis.

28/4/09

A Gripe de Norte-América

Os síntomas da gripe de Norte América (ou mal chamada porcina) nas persoas son semellantes aos da gripe estacional común, entre os que se incluien febre de inicio agudo, síntomas respiratorios, como tos, estornudos e rinorrea (goteo da nariz), e malestar xeral. Algunhas veces, pode acompañarse de falta de apetito e/ou diarrea.



Multimedia: Público.es

Non é para alarmarse, pero convén estar informado e sobre todo, si estiveche en contacto con algunha persoa desa zona do continente americano.

27/4/09

Fútbol na oficina [xogo]

Xa fai tempo que non poñiamos ningún xogo e este vai moi apropiado para facelo na oficina. Punteiro do rato e premer no botón esquerdo para xogar e ligazón, por si ven o xefe; Atallo teclado: [Alt+x][enter]






Xogar noutra fiestra.

[7+]

25/4/09

35 anos, Grândola vila morena

O 25 de abril de 1974, ás 0.24, Rádio Renascença transmite Grândola, Vila Morena, unha canción revolucionaria de José Afonso. É a sinal pactada polo Movimento das Forças Armadas (MFA) para ocupar os puntos estratéxicos do país. Seis horas máis tarde o réxime dictatorial se derrumba.


video: YouTube   Subtitulos: Overstream.net


A pesares dos chamamentos radiofónicos dos capitáns de abril (do MFA) á población para que permanecesen nos seus fogares, miles de portugueses gañaron ás rúas mezclándose cos militares sublevados. Un dos fitos de aquelas concentracións foi a marcha das flores en Lisboa, caracterizada por unha multitude pertrechada de caraveis, a flor da tempada. Ese é o orixe do nome dado a esta revolución (Revolução dos Cravos), que arroxou un saldo de 4 mortos ocasionados polos disparos da policía política contra manifestantes civís. Marcello Caetano que substituira a António Oliveira de Salazar en 1968 por incapacidade, refuxioúse no cuartel do Carmo, en Lisboa, que é cercado polo MFA, o cal lle empurra a entregar o poder ao xeneral Spinola. Caetano parte inmediatamente a exiliarse en Brasil.

As accións militares foron protagonizadas polo comandante Salgueiro Maia que, ao fronte das forzas da Escola Prática de Cavalaria de Santarem ocupou o Terreiro do Paço a primeiras horas da mañán do día 25. Posteriormente o comandante Maia levou a cabo o cerco do cuartel do Carmo, onde coa renuncia de Caetano, pusose fin ao réxime salazarista.

LIGAZÓNS INTERESANTES
 25 de abril, revolución dos caraveis Rádio Renascença: Retratos de Abril.
25abril.org: Os feitos.
Letra da canción: Grândola vila morena
[pt][en][es][gal]
Grándola Bar (Ourense): Conmemoración do 25 abril.

23/4/09

Axenda completa

Hoxe, polo 23 de abril (2009), celebrase o día de Aragón, de Castela e León, Sant Jordi (en Catalunya), día do libro (polo pasamento no mesmo día de Shakespeare e Cervantes), e o 20 aniversario da primeira páxina web e o nacemento de Internet como o coñecemos hoxe en día.

 Primeira páxina web
primeira páxina web, preme sobre ela para ampliar

A finales de 1990, no CERN ( Suiza ) Tim Berners-Lee coñecía a importancia de poder transmitir documentos de hipertexto de forma sinxela e tiña preparados todolos compoñentes precisos para facer a primeira páxina web da historia.

Un ordenador NeXTcube conectado a Internet baixo o enderezo de nxoc01.cern.ch, o primeiro servidor web do mundo e o primeiro navegador e editor de hipertexto.

22/4/09

Soñan as ovellas eléctricas cos humanos?

Durmo mal. Pode ser que últimamamente, entre tanto FUD que circula por aí, divago sobre moitas cousas, boas, malas e quizais estúpidas; pensei si sería posible unha extensión para FIREFOX, tipo polígrafo, onde por medio dunha webcam observe a retina do teu ollo, e baixo uns parámetros, como o seu movemento, o coloramento, a frecuencia cardíaca ou respiratoria...

 Test Voight Kampff ou de Empatía

sigo divagando...

Ainda non sei si poñerme a traballar ou seguir divagando; o outro día soñei con códigos, XavaScript, ovellas cal androides que funcionen en servidores, como ovellas electrónicas que atenden aos teus requirementos, aos teus desexos ...

é unha das historias... quizais por contar ovellas para durmir!...

Probo algún dos soños...

 Sitio web propicio para un ataque de XSS

...non sei, si estou a divagar -ainda que nesto- vexo claramente os titulares, A $GAE hackeada!.  


Un futuro decadente e escuro como o de Blade Runner vos anticipo; soñeino?...  ata soñei coa $GAE, mira que si teño soños premonitorios...

;)

21/4/09

O culpable

Cometese un delito e a Policía arresta a 4 sospeitosos que ao ser interrogados formulan as seguintes declaracións:

  • Andrés : "Edu é o culpable"
  • Edu :       "Suso é o culpable"
  • Suso:       "Edu minte cando di que eu son o culpable"
  • Rafa :      "Eu non son o culpable"

Coñecendo que só un deles di a verdade, Quén é o culpable?...


A solución nos comentarios


Caso 1: Si supoñemos que Andrés di a verdade, é por tanto inocente, e enton Edu e Rafa son culpables e Suso sería inocente e culpable á vez, o que é imposible e se descarta esta posibilidade.

Caso 2: Si supoñemos que Edu di a verdade este sería inocente, o mesmo que Andrés, enton Suso e Rafa serían culpables e como é un só, é él culpable; descartase esta posibilidade.

Caso 3: Supoñendo que Suso diga a verdade, deducimos que Andrés, Edu e Suso son inocentes e só Rafa aparece como único culpable e esta é unha solución posible.

Caso 4: Si Rafa di a verdade chegamos rápidamente a unha contradicción, pois Suso sería inocente e culpable á vez e esto é imposible.

Resumindo, podemos concluir que o único co que non se chega a unha contradicción, é o caso terceiro, polo tanto Rafa é o culpable.

20/4/09

Falta xoldra!

 portada do libro [es] Manu Chao Destinación Esperanza Conversaciones Philippe Manche ISBN 978-84-322-9664-2
Ed. Seix Barral

P.M.: Nun recente reportaxe para a TV, decías que o que máis falta facía é un pouco de xoldra...
M.Ch.: Ainda hai un rincón do mundo onde a xente resiste, e esa e o norte de España. Se pode falar do que se queira, dos problemas que acontencen no Pais Basco e tal, pero polo menos, e ata hoxe, esa xente sabe o que é divertirse todos xuntos.
Cando falo do norte de España, refirome a toda cordilleira norte, desde Pamplona ata Finisterre. Eu o chamo a aldea de Astérix. A xente se divirte sin atrincherarse en guetos. Nada dos xoves cos xoves, o os vellos cos vellos, senón todos xuntos, e eso é super importante.


P.M. é Philippe Manche; M. Ch. é Manu Chao; Extracto do libro de Seix Barral "Manu Chao destino Esperanza, Conversas"

15/4/09

Adoble Flex Builder 3 Professional de balde

 sitio e logo de Adobe Flex Builder 3 Professional

Non sei si por publicitar a súa Responsabilidade Social Corporativa, Adobe aparte de saber aproveitar as circunstancias que veñen dadas por mor da crise actual para promocionar os seus produtos, facilita aos webmasters que se atopen en paro ou freelance sen carga de traballo, de balde o , non é preciso gastar os cartos (uns 600 euros).

Preme e enche os datos precisos nesta ligazón e despois dunhas semanas, recibirás un correo coas instruccións precisas para conquerir Adobe Flex sen custo.

Vía: WebTunga

14/4/09

República

Si da República han de estar ausentes as dereitas, cando mandan as esquerdas, e logo, cando son as dereitas as que gobernan, as esquerdas han de tolear e lanzarse á revolución, non haberá, non houbo ainda, verdadeira democracia en España. Como tantas outras cousas, a democracia aquí non é máis que un nome de raíces clásicas e de contido estranxeiro
 Flores Tricolor
Por unha verdadeira República! e quizais a terceira é a boa!

13/4/09

O díficil camiño dos coches eléctricos

Tímidamente escomezan pequenas novidades nos autos eléctricos, e neste caso triciclo, deseñado por Myers Motors; segundo a empresa que o fabrica, o único proprietario dun NmG (só colle unha persoa), pode rodar 1.600 km cun coste dunhos 17 euros en eletricidade. Equipado cunhas baterías (13) de chumbo/ácido (con posibilidade de incluir pilas de ion de litio), o veículo precisa ser recargado -polo momento- ca voltaxe de 110V (polo que é de supoñer que para o mercado europeo non vai ser inmediata a súa comercialización), e perante 6 a 8 horas para unha recarga completa. Os defectos, e penso que moito teñen que mellorar neste campo, e a autonomía e o prezo; 50 km a 80 km dependo das baterías que leve e o prezo que en EE.UU será de 30 mil dólares.

 Triciclos de Myers Motors

Ten uns 30 cabalos (30 cv), 708 kg e 2'54 m de largo e 1'27 m de ancho, (polo que podes aparcalo -incluso en batería-, en prácticamente calqueira sitio).

As emisións de CO2 non veñen especificados no sitio de Myers Motors, sinalando un 40% menos que un coche diesel (non din que coche, si americano ou europeo) polo que, semella un markenting moi deficiente e pouco claro ou ben, de pouco interés para o consumidor norteamericano.

Quen verá ao(s) carteiro(a)s nestos triciclos! (porque aos policías ainda non os vexo, quizais aos municipais :)

2/4/09

Pola Convivencia e Igualdade do Galego

Con esta entrada (ou POST) queremos manifestar, perante quen sexa:



  1. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu..
  2. A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.
  3. Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.
  4. O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.
  5. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.
  6. Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.
Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.

Si estas de acordo con este manifesto, esta a recoller sinaturas; asina e difunde esta mensaxe.



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego