Queridos amigo(a)s, vemonos na obriga de parar uns días para facer trocos no deseño do blog, rematar de mudar os contidos que tiñamos en myblog e as imaxes de geocities.com, que senón o sabedes, pechan a finais de ano. Estes trocos queríamos facelos con entradas programadas, pero eso implica dilatar o proceso, e desexamos rematar cando antes cas mudanzas.
É polo que perante uns días non vamos actualizar ningún contido, non pechamos os comentarios, de feito deixamolos abertos sen control algún e algunhas opcións dispoñibles poideran non estalo, polo que os pedimos desculpas por elo; centramonos, todo o colectivo na mudanza e agardamos borrar esta entrada, eso significa que xa estamos de volta e a punto e con novo vestiario.
Esperamos non demorarnos non máis de vinte—trinta días, si todo vai ben, eso ao menos o esperamos.
Como se aveciña o tempo de lecer, verán e parranda, os ligazóns que vos presentamos son para pasar o rato, e precisamente ao rato e a man que pousa sobre o rato tes que dirixir a mirada, despois de ollar está páxina, onde che aparece un cadro que debes observar fixamente perante 20—30 segundos. Antes de dirixirte como un poseso á páxina en cuestión, debes ter en conta, que si eres fotosensible ou epiléctico, abstente de probalo. Preme no ligazón onde pon «Click me to get trippy» no contido que che amosa o seguinte ligazón
Se ainda non tes aloxamento, este apartamento tipo loft, é todo un luxo asequible, senón pendes da hipoteca para chegar ao final de mes claro esta, pero chamóume a atención polo ben decorado que está e os servizos dos que dispoñe, non é o apartamento "tipo" con unhas camas e o mínimo indispensable, senón que semella como si os donos o decorase, para vivir eles alí, co bo gusto e penso que a prezos axustados para a calidade da vivenda.
Que non podes nin siquera ir de camping, pola hipoteca, pero queres saber onde están os teus achegados, si voltan en avión, barco ou inclusive si teñen un móvil con xeolocalizador, che será útil está páxina que che di onde se localizan nese intre por medio do GPS.
A balea azul produce 1.600 litros de esperma ao ano cando eiacula, pero só deposita na súa parella o 10%, o sea que, 1.440 litros de esperma quedan espallados polo oceáno; despois deste dato, xa sabes a que sabe o esperma e o por que do sabor salado do mar, xa sabes non tragues auga de mar ;)
Estou a seguir con preocupación o que esta a acontecer en Irán, non é para menos, se a historia tende a repetirse, os grandes dictadores empezaron a súa andaina, co desdén da comunidade internacional, ainda a pesares das tropelías manifestas, que foron e son capaces de facer por chegar a cumprir cos seus propósitos, gobernar unha nación roubandólle a libre elección dun pobo. Non vamos a repetir as imaxes da xove Neda asasinada nunha manifestación na rúas de Teherán, para que? supoño que xa as vichedes por diferentes xeitos da vosa vida dixital, non si?, pero si chamar a atención sobre pequenos detalles, que debemos prestar unha alerta concienciada e que non terán seguro, a repercusión mediática desas imaxes tan duras. O caso por exemplo, do médico (e escritor) que a atendeu a xove, Arash Hejazi teme pola súa vida. Tivo sorte ao fin e cabo, porque foi capaz de fuxir e non ser identificado daquelas; pero agora despois da repercusión que tiveron as imaxes e a difusión por internet, teme voltar ao seu país. Esta refuxiado en Londres ata non sabe cando, ata que as autoridades dese país tomen conciencia real do que pasa en Irán. Non sei se axudará moito a crise do que estar a pasar cos diplomáticos de ambolos dous países, e moito mellor sería que estivese noutro país, que non houbese a tentación de utilizalo como moeda de troco para restablecer esas relacións deterioradas. Son moi escéptico cos políticos; non teño en moita estima o seu labor, pois son moitas cousas que vas calando, o último foi o peche da xurisdición universal para moitos seres humanos, só si eres español, podes ter dereitos, pero ese gran logro que acadaron as Nacións Unidas cos crimes de lesa humindade, que poideran ser perseguidos, foron cercenados esta semana, e vaia por Deus, PP e PSOE puxerónse de acordo en algo, nesto precisamente.
Só nos queda loitar, tentar transmitir esa empatía -da que adolecen nosos políticos mundialmente- para que o que pasa alí, fose como si nos pasara a nós. Polo tempo no que aconteceu a maior traxedia do século XX, Martin Niemöller o sintetizou nuns versos, que se atribuén a Bertolt Brecht e que convén memorizalos, por si acaso.
En Bloggers Unite, tentan chamar a atención sobre a situación en Irán e pedir porla liberdade, por eleccións limpas, pola dignidade e por todo o que ti berrarías si che rouban o teu voto. Só tedes que escribir sobre o tema, e ligar co sitio da acción (bloggersunite.org/event/free-iran), poñendo a etiqueta ou tag#FreeIran. En Amnistía Internacional, levan a cabo dúas ciberaccións para amosar a protesta polo que esta a pasar nas rúas e o respecto dun dos dereitos fundamentais de todo ser humano, pola liberdade de manifestación e tamén pola execucción inminente de menores (actuaconamnistia.org).
Na Wikipedia tedes un extenso artigo sobre as protestas.
Duas das persoas máis admiradas, respetadas e lúcidas que coñezco, tiveron unha sinxela conversa como amigos que son, como doutro xeito non podería ser, entre Andreu e Pepe, integros e ben que poideran ser irmáns, de todos nos... en fin que senón tivechedes a ocasión de vela, tedes na mediateca de RTVE.es o programa e tamén nas redes de P2P (para que logo digan que só se trocan pelis) . Moi recomendable vela sen presa, como eles, cun café, cervexa ou tabaco se fumades, como eles, e tamén con amigos(as), como eles. A lucidez que eles amosaron, xa poder ser cuestión de máis tempo, oxala esas persoas que diciron verse insultadas por Rubianes poideran recollela, de todo corazón e con profundo cristiano pensamento, como eles, prego por eles.