[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

28/3/12

Porqué debemos ir á Folga Xeral

Porque esta reforma, que é un Golpe de Estado, acaba cos poucos dereitos laborais que tiñamos.

ABARATA E FACILITA O DESPEDIMENTO

Porque sen ter que demostrar nada, só con alegar diminución de ingresos ou previsión de perdas, aínda que teñan beneficios, as empresas poderán:

  • Despedir a un ou varios traballadores/as, novos ou antigos, con 20 días por ano traballado, máximo un ano de indemnización.
  • Despedir sen indemnización antes dun ano aos novos contratados nas empresas menores de 50 traballadores/as.
  • Despedir por máis dunha baixa que sume máis de 9 días en dous meses, ou mais de 21 días en catro meses,aínda que esteas hospitalizado ou padezas una enfermidade moi grave.


REDUCE SALARIOS E EMPEORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO

Porque con alegar diminución de ingresos, previsión de perdas, ou razóns de competitividade, as empresas poderán non aplicar o Convenio Colectivo, reducir os salarios ata o Salario mínimo (641  ), modificar a xornada de traballo, máis ou menos horas segundo conveña, cambiar as funcións e o traballo que facemos, etc.

Tamén pode modificar individualmente todas estas condicións a cada traballador/a.

Porque permite que ata os 33 anos traballemos como aprendices cobrando 480  /mes.

Porque dá un poder inmenso ás ETTs na contratación igual ao INEM, parecido ás Mutuas coa Seguridade Social, para chantaxear os traballadores/as.


NON CREA EMPREGO, DESTRÚEO

Porque creará mais paro ao facilitar e abaratar tanto o despedimento, e porque coa flexibilidade a empresa pode traballar máis horas con menos persoal.

Porque obriga a traballar gratis aos parados/as substituíndo o persoal contratado nas Administracións Públicas.


Este goberno do PP quere que todos e todas sexamos precarios. A reforma reducirá os nosos salarios e traballaremos máis horas. Non esquezas que tamén están reducíndonos todos os nosos dereitos na sanidade, no ensino, nas pensións, nas prestacións sociais...

Todo, para que os ricos sexan máis ricos, para a banca, para as grandes empresas multinacionais.

Empecemos a parar esta reforma parando o 29 de marzo!

Tedes máis información das manifestacións para o día da Folga na CIG


 

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.