[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

30/3/12

Pola Folga Xeral, Salvaxe!

Quenes critican a Folga, nótase moito que non leeron a Reforma Laboral.

Practiquemos xuntos un exercicio de didáctica e ausencia de proxeletismo por favor.

A Reforma vai provocar máis paro, está pensada para facilitar o despedimento doado e barato, esto provocará sen lugar a dúbida, máis paro, unha devaluación de salarios (ao non poder facer unha devaluación monetaria por estar no Euro) o único que pode facer o estado é eso, e quenes perden son os traballadores en xeral, eses mesmos que consumen nos bares e pequenos comercios.
A quen beneficia está reforma?
Pois as grandes empresas, que xa empezaron a aplicala, aí están os casos de PIRELLI, FICHET, BANCA CÍVICA. NOVA GALICIA BANCO, BBVA, BANCO GALLEGO... etc. (non ao pequeno comercio nin as pequenas ou medianas, o pequeno comercio está claro que si ten un traballador/a que traballa non o vai despedir, porque lle custará atopar ao mellor un bó, pero non terá máis remedio, senón vende, e a reforma laboral ao non provocar emprego, senón todo o contrario, recesión, e con salarios ainda máis baixos que a media mileurista de ata momento, eses traballadores non CONSUMIRAN, pois se antes díficilmente se chegaba a fin de mes, agora será ainda pior.)
E eses comercios, autónomos, pequenas empresas, tan SOLIDARIOS consigo mesmos, non son conscientes de o que se ven encima, senón son informados, senón leen a reforma.

E fixandose só nesa contrarreforma, se fosen solidarios, se a houbesen lido, se tiveran empatía polo que lles están a contar, sen deixarse levar por ideas preconcebidas -sobre eses sindicatos-, esa reforma é INXUSTA, e xa tería que ser dabondo para mobilizarse xunto cos "seus clientes" -que van ter menos poder adquisito- ou con calqueira. Eses que reclaman equidade, xustiza, son capaces de negarlle o beneficio da dúbida, asi está a cousa... Pois non só é...
Botar a un traballador a rúa sen indemnización, ou só 20 días, e ter que demostrar que o despido é improcedente (é dicir demostrar que eres inocente, porque senón eres culpable e te vas con 20 días), cuestión posiblemente anticonstitucional...
Que si caes enfermo, ainda que torzas un tobillo ou teñas unha emfermedade, o empresario che pode botar a rúa se tes a desgraza de estar máis de 8 días nun período de 2 meses (ou 21 en 4 meses)
Que a empresa non respecte o pactado no convenio, e non se ten perdas, simplemente que non gañe suficientes beneficios e só co control da propia empresa.
Lembren que non fai moito, Telefónica quería botar nun ERE a 6.500 persoas ainda a pesares de ter beneficios, pois ben, agora non precisa de ter autorización dito ERE (pola administración) e pode ser executado para beneficio da empresa e os seus accionistas.
Que teñan que facerse horas extras non pagadas ou desprazamentos por riba dos 25 Km. non pagadas, nin ao traballador nin ao estado (defraudando a Seguridade Social, por conseguinte a todos nós)
Tratase de ser xustos non si? A quén lle gostaría que para ser culpable, teñas que amosar primeiro que eres inocente, demostralo ti e non quen te acusa; e da impresión segundo a maioría dos comentarios, que os culpables son os sindicatos por facerte ver a inxustiza da contrarreforma, senón ademáis o perxuízo que crea tamén a eses comercios, insolidarios non só cos seus clientes senón consigo mesmo, pois hai comercios que si verón o que se lles vai encima (REI ZENTOLO, KYOTO SCQ, ADÁN...)



E coincido que poida haber actitudes nos piquetes que non terían que terse producido, eu penso que tratando de explicarllo de xeito pacífico e pausado, se consigue máis, que de xeito amendrentador, eu estiven nese piquete masivo que rondou o ensanche, na maioría dos comercios se lles explicou o significado da reforma, hai xente que o entendeu, outra que non, e outra que non estando dacordo, para evitar alporizar ao piquete, pechou e voltou a abrir.

Agora eu teño claro que a óptica Pérez Vila, La Muralla, La Codorniz, Galeón Toural, EL Siete, Latino Bar, Clea, De Noche, Garrote, Tejidos Katy, Farggi, Zamuz, The Phone House, Inditex, Gadis, Rois Llongueras, Banco Santander, Banesto, Nova Galicia Banco, CAM..., ademáis do colectivo dos Taxis -insolidarios por natureza-, non lles penso dar a gañar nin un can do meu bolsillo.

Non interesa denunciar os piquetes empresariais que tamén existen. Ninguén lle preguntou aos traballadores de GADIS por exemplo, porque abriron máis tarde? Aos de Inditex? Non son uns esquiroles, os comprendo, a eles e a moitos coma eles, pois non só é o medo, son os mini-soldos mileuristas que perciben, que 100 Euros son moito para renunciar a eles, o empresario se coidou mui moito de advertir que a renovación dos contratos dependía de "ese libre exercicio de ir a folga", título 7 da nosa constitución, Alguén o denunciou?, algún xornalista tivo agallas de procurar porque foi así (quizais o redactor temeroso de perder un anunciante non lle o permitiu).

A reforma ven imposta ou copiada de Alemaña, onde a súa estrutura produtiva a domina a industria exportadora -que é dun 70%- e para consumo interno dun 30%.
Aquí en España é ao revés, 70% de consumo interno que producen para o noso PIB as pequenas e medianas empresas, os pequenos comercios e autónomos, e un 30% de industria exportadora.
Si se retrae o consumo interno, por ter menos poder adquisitivo, como ocorre en Alemaña agora mesmo, porque nós vamos ser diferentes que eles? Doado, eles a pesares do pobre comsumo interno, aumenta o PIB grazas a vendernos a nós, a eses grandes empresarios nosos... como coches AUDI, WOLSVAGEN, electrodomésticos BOSH, MÍELE, reloxios JUNGHANS... eses que estou seguro lles van a consumir a LA MURALLA, LA CODORNIZ, total ainda que perdan aos empregados do BBVA, SANTANDER, NOVAGALICIA BAnco... por os ERE's grazas a reforma laboral, pero que carallo!, o compensarán! palabrita del gobierno!

Vémonos na cola do paro, de seguir adiante con esta contrarreforma!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.