[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

17/1/12

A Xanela transparente

Ainda que xa fai 5 anos, Philips coa súa Active Glass xa fixera algo parecido, este ano no CES (2012) Samsung amosou unha xanela propia do fogar de Minority Report, onde ademáis de funcionar como tal, tamén é unha pantalla multimedia; capta polo día enerxía solar, ademáis de aforrar enerxía ao precisar só un 10% do que normalmente usa un aparello de TV hoxe en día.

É normal que obtivese o premio a Innovación deste ano en dito evento; o fabricante agarda tela dispoñible para os vindeiros meses, din que para a primaveira. O que non revelaron foi o seu prezo, se presupón que dita intelixencia vaia emparellada ca imposibilidade de conquerila nun futuro inmediato.


Video: You Tube [ . mp4 • 4 Mb]

Descrición do video: No video se amosa unha xanela que sobre a súa transparente superficie, amósanse diferentes informacións, do tempo, horaria, redes sociais, navegación web, reprodución de medios... o manexo táctil das diferentes aplicacións é doado, ademáis da transparencia da luz que queiramos deixar que ocupe a nosa instancia, ao xeito dunha persiana calesquera.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.