[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

18/6/11

Reflicte a túa indignación sen violencia este domingo #19J

Ainda a pesares da desmesura utilizada por algunhos medios para tratar de desprestixiar ao movemento do #15M, chaman indignos a todo un colectivo polos actos dunha minoría, a pesares da resistencia pacífica perante un mes nas distintas prazas e o traballo tenaz de moitos dos acampados, por tratar de mudar pacíficamente este sistema que non é perfecto...


...porque ainda a pesares por facerse escoitar (e non se trata de diferenzas xeracionais), non o fan os que dicen representar a un pobo (de indignados), polos delitos dunhos cantos da súa clase e só se escandalizan por esto, por chamalos chourizos...

... Non é violencia cobrar 400 Euros ao mes?, Os recortes sociais ao que nos levan co pacto do Euro?, A privatización da sanidade e da educación pública?, O aumento da xubilación?, A connivencia coas grandes fortunas e os bancos?, A listaxe pechada dos imputados?, As pensións vitalicias para os parlamentarios e senadores, Os seus privilexios?, A corrupción?, A infiltración de policías (tamén aquí) nas concetracións para provocar accións violentas?...

...que a foto da violencia sexa a foto do helicóptero , dunha minoría, e non se vexa en primeira páxina a violencia desorbitada da policía contra os cidadáns non violentos, por non entrar no fondo da cuestión e o motivo polo que ditos parlamentarios ían ao pleno, para recortar aos que sofren a crise con toda a súa crudeza, namentras os principais causantes están impunes.

Ferve a miña indignación porque o Conselleiro de Seguridade da Generalitat de Catalunya, Felip Puig, que calificou de «éxito policial» a carga dos Mossos d’Esquadra contra os acampados da Praza de Catalunya, presuma da violencia nos indignados, ainda a pesares de recoñecer sen vergoña a infiltración dos Mossos d'Escuadra para provocar altercados e que ningún dos medios que dicen ser demócratas pida a súa dimisión.

...É demócrata levar listaxe pechadas de imputados nelas?, É demócrata infiltrar policías para xenerar tensión e provocar violencia nas manifestacións?, É demócrata incumprir as leis, obstaculizando a renovación do tribunal constitucional? Son demócratas éstes partidos, ou ben, debemos chamalos antisistema?

...Acaso sexa un «anti-sistema» pedir un sistema mellor, que os bancos, aos que se lles prestaron cartos dos nosos impostos, se lles permita especular con eses cartos, e non lle esixan responsabilidades por elo?


Como cidadán apoio o movemento do #15m

...acaso que hai de malo en pedir unha lei electoral máis xusta, que sexa reflexo directo da vontade popular; pido unha maior participación cidadán nos temas importantes que nós atinxen, (hai medios técnicos para facelo e o que non hai vontade política para levalo a cabo).

...acaso que hai de malo en que os administrados teñan unha información pública e transparente sobre os gastos da nosa administración, os poderes públicos, ademáis de esixir responsabilidades aos políticos cando non cumpran con esa transparencia.

...acaso que hai de malo na aplicación real da tolerancia cero contra a corrupción política, de fornecer de controis aos administrados para que non queden só nunha decraración de intecións.

...acaso que hai de malo en pedir unha separación clara, real e efectiva dos poderes del estado.

...acaso é malo pedir un maior control fiscal efectivo das grandes fortunas e operacións financieiras.

...acaso é moi malo pedir a igualdade, a eliminación dos privilexios dos políticos.

...acaso é pedir demasiado, servizos públicos na sanidade, xustiza, educación e de calidade, resolución efectiva aos hipotecados de por vida cos bancos, a neutralidade na rede e sen ese control «administrativo» que pretende cercenar un dereito fundamental, a expresión.

Si o pensas e estás dacordo, exprésate pacificamente este domingo, berra con forza a túa indignación na rúa. En Galicia che esperamos en A Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo (polo memento). Procura a túa cidade máis cercana e reflicte a túa indignación con clase, ainda que os políticos non nós queiran escoitar.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.