[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

6/6/11

Estáse a cociñar unha prebe especial para políticos sordos #DemocraciaReal

Despois de, o tópico dunhas merecidas vacacións, pois o feito de estar en moitos frontes esgota, dalgún xeito, a mente e a serenidade para escribir, facemos o propósito de reflictir no blogue, as inquedanzas nos que estamos inmersos o colectivo xíbaro.

De seguido vai unha serie catárquica e espamódica, pois non ten relación os apuntes nin unha periocidade concreta. Seguro que vostedes non o precisan, hai moita información por aí fora, un exceso que as veces é contraproducente e non chega a reflexión necesaria, despois dalgunhas accións, noticias ou feitos acontecidos.

Principiar por os problemas que nos atinxen, sen caer no populismo non é doado para quen suscribe estas liñas, séino, -de xeito particular, pois milito activamente en diferentes eidos sociais-, é o risco que temos os que nos adicamos a falar de todo e de nada en xeral neste blogue, non somos uns profesionais da información. O que si temos claro, é de non deixarnos levar polos dogmas sexan da esquerda ou da dereita.

Democracia Real Xa!

A nosa primeira anotación tería que ser adicada necesariamente ao movemento do 15M e a claridade do lema «Democracia Real Xa», quizais as súas propostas enunciadas no seu manifesto, precisen estar máis ligadas, non vaia ser que a maionesa se corte na prebe que se esta a cociñar, pois bótase en falla a calidade dalgúns condimentos (ou propostas) e o máis importante, dun convicente brazo executor, vamos que non sirve calquera batidora. Agardamos voltar sobre este tema antes do día 19 de xuño, para falar de novo, pois o movemento de cidadáns libres e non apolíticos, convocan a unha manifestación europea, ou porque non? mundial.

Tedes máis información sobre as súas propostas no sitio de Democracia Real Xa! e nas redes sociais de Facebook e Twitter (tamén podes procuralos coa etiqueta de #democraciarealya, #democraciareal) e nos blogues do movemento en Galiza, ondes tedes a última hora das convocatorias en Compostela, Ourense e Vigo



0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.