[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

11/5/09

Escoita o silencio

Nunha semana temos a un membro de Mondoxíbaro que vai a visitar terras do Oriente, unha viaxe por Turquía (parte do antiguo reino Persa), e na procura de información sobre dita cultura, atopamos esta magnifíca película de Nacer Khemir; unha coproducción de Francia, Hungría, Irán, Reino Unido, Suiza e Túnez do ano 2005 (ainda que a súa estrena en España -en Madrid- foi en marzo do 2008), e que conta a historia dunha nena chamada Ishtar e o seu avó, Bab'Aziz o sabio sufí -nome que da titulo a película- que, na soedade do deserto, procuran a gran reunión dos derviches que se reúnen cada trinta anos nun sitio descoñecido ao que se chega con fe e escoitando o silencio do deserto. O avó entreten a súa neta contándolle contos, como o do príncipe que se perde no deserto e se convirte en derviche tras contemplar na augua a súa alma.

 Bab'Aziz

Contaba o director-escultor e poeta, que rodou esta historia como unha metáfora visual, onde as palabras non son transcendentais, unha viaxe interior ao sentido, a túa alma, unha dualidade entre espiritualidade e misticismo, procurando afondar no islam tolerante e fiminino.

A modo de curiosidade, a rodaxe foi en pleno mes de agosto ainda que a dificultade non foi o intenso calor, senón a picadura dos alacráns -de feito morreu un cabalo- e a loalización preto da fronteira Afgana con Irán, cando os EE.UU procedían aos bombardeos, polo que entre o turbante e o material, podían confurdirse cos talibans.

Como en moitos sitios non foi posible a súa estrea, velaquí tedes a ligazón para ver a película gratuitamente, en versión doblada ao castelán, xentileza de webislam.com

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.