[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

28/1/09

Usa a bici! (cando menos unha vez ao mes)

 convocatorias masa crítica en Galicia
Xa fai un ano que os da masa crítica de Lugo (24-01-2009) botánronse a pedalear (Felicidades!).

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios(as) que realizan un paseo colectivo pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico e saudable, demandando da Administración Local un compromiso real coa mobilidade sostible e ecolóxica; e que ademais contribúe a reducir a contaminación atmosférica e acústica na cidade ou pobo, facendo un espazo máis limpo, humano e respectuoso co presente e devir do noso ecosistema.

A bicicleta é, con moito, (e malia o seu inmerecido ostracismo), o vehículo máis eficiente e mellor adaptado á mobilidade urbana.
A grande maioría dos desprazamentos urbanos non superan os 10 quilómetros, unha distancia perfectamente asumible por un ciclista usuario(a). Ademais a bici, apenas si ocupa espazo urbano circulando ou aparcada, e non precisa de custosas infraestruturas, é completamente libre de emisións nocivas (a menos que o usuario(a) se tomase unha pota de fabas:).

 Masa Crítica en Galicia (ainda a pesares do tempo)
Días con luz, outros de noite, con sol, con frío, con auga, ... máis xente ou menos, pero sempre un grupo de ciclousuarios(as) con gañas de pasalo ben baixo o lema: Usa a bici a diario e celébrao unha vez ao mes. E vaia se o celebran, vestidos de calle, de sport, disfrazados, espidos ... é que, vaias como vaias na bici vaise de vicio.

Cada un de nós pode colaborar neste movemento concienciado polo respecto do medio ambiente, limpo e humano; como queiras... uns pegandos carteis, outros repartimos pasquíns, e todos nós colaborando por exemplo nos blogs de masa crítica e contando as túas experiencias.

Anímate e proba!; en Galicia podes contactar coa masa crítica de: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e outras localidades; na excelente páxina de www.bicis.info che ofrecen información sobre a masa crítica de Galicia, obter consellos e outras ligazóns interesantes; máis información: no estado Español en www.masacritica.es; en Portugal en massacritica.pegada.net e tamén no sitio internacional critical-mass.info.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.