O chamado conflito palestino non é novo. Son xa moitos anos de violencia, a actual intervención do exército israelí na franxa de Gaza ven de moi atrás. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e desproporcionada, unha auténtica matanza, especialmente contra dunha poboación civil á que se lle nega mesmo a posibilidade de fuxir. Trátase, xa que logo, dunha auténtica masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación civil máis indefensa, mesmo cooperantes internacionais, nin tampouco polas mesquitas, hospitais ou escolas.
En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas.
E estamos falar para as dúas partes en conflito, porque quenes perden en todo esto é a poboación civil, ainda que a matanza e ataque indiscriminado por parte do estado de Israel, faille perder toda credibilidade.
Indigna pensar que a brutal ofensiva militar israelí actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortos por votos fai que abominemos do sionismo e das súas prácticas.
Podemos facer algo, claro que podemos, dende a lonxanía e grazas a internet, neste globalización da información sen fronteiras, pulen as campañas pola paz, pola presión aos gobernos culpables. Da túa man esta por exemplo boicotear os produtos israleís, En España por exemplo, comercializase Epilady e Tecnotron, o primeiro é un pequeno electrodómestico e o segundo comercializan os fotomatóns en meirande parte do país.
Tamén podes ciberactuar, contra o muro, seguir as noticias e campañas de Amnistía Internacional...
Non toda a poboación de Israel apoia o que se esta a facer en Gaza. Os Shminstim son os estudantes israelís que obxectaron por conciencia participar nos abusos que comete o exército hebreo nos territorios de Palestina e polo cal se negan alistarse, ainda que con eso lles acarrea a prisión.
O 18 de decembro marca o inicio dunha movilización global polo que pide una acto tan sinxelo como enviarlle unha carta ao Ministerio de Defensa Israleí e pedir pola liberdade dos Shminstim.
Aqui tes un documento visual e na páxina december18th.org podes atopar un modelo de carta tipo.
Xas tes unhas ideas para facer o fin de semana.
Por certo, en Ourense e Santiago hai convocadas manifestacións ou concentracións para este fin de semana. O venres en Ourense, as 20:30 h diante da subdelegación do goberno en Ourense.
[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta as seguintes pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.